leoeosseus

luns, 18 de agosto de 2008

Momentos simpáticos


O Leo xa está ben e tivo onte un momento simpático e tenro. Colleu o seu moneco Quique e púxoo canda el a mirar a tele despóis da ducha. Lembrou que deixara atrás a súa ra de plástico e foi buscala ao seu cuarto. Púxoa enriba da testa de Quique para que mirase ben a tele. Cando se aburriu de mirar a tele colleu a ra e ía para o seu cuarto. No corredor lembrou a Quique e dixo " Quique " e foi buscalo. Non sei. Foi simpático miralo co ese moneco tan grande debaixo dun brazo e coa ra noutra man e o Leo con cara de sono.
Na foto está o Leo estreando o canastro recén terminado dos avós. Sei que no futuro será como unha cabana para vivir aventuras. Ao tempo.

Etiquetas:

12 comentarios:

Ás 18/08/08, 23:16 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

Cáeseche a baba compañeiro!! :) é que estos pequenos namórannos con cada xesto que fan e de seguro que irá viver boas aventuras no canastro dos avós.

 
Ás 18/08/08, 23:46 , Anonymous Anónimo dixo...

Vendo canto amor atesouramos non entendo como pasan tantas cousas malas.
Disfrutao, merécelo.

 
Ás 19/08/08, 00:45 , Blogger Bea dixo...

Que lindo o Leo!!! debelle de ter cariño a ra e mais ó peluche! ;) Besiños grandes!!!

 
Ás 19/08/08, 07:20 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Podes ter por seguro que será o seu rincón preferido de xogos, hai xa uns anos cando o meu era pequeno, no canastro era onde gardaba os seus xoguetes.
Disfrutao, agora dan gusto.

 
Ás 19/08/08, 08:33 , Anonymous Anónimo dixo...

De seguro que si...
Cando eu era pequena e ía á casa dos avós sempre adoitaba xogar na cabana (así lle chaman en Perdecanai ao canastro). Podía distribuir os cuartos da casa, facer comidiñas, convidar ás miñas primas, e ademáis tiña chave para fechar a porta... Eva

 
Ás 19/08/08, 13:10 , Blogger Veloso dixo...

Eu xogaba de pequeno no canastro dos meus avós. Gustábame imaxinar que era a miña dilixencia, o carromato co que ía percorrer o far west. Que tempo tan bonito este que está a vivir Leo! Saúdos dos que xa rematamos as vacacións.

 
Ás 19/08/08, 14:50 , Blogger insomniorizar dixo...

si, si, jejeje, cáeseche a babiña!

q chulo, xa me justaría a min ter un deses de pequerrecha!
Eu o que facía, era coller a escaleira da miña aboa a abría e lle coljaba unhas toallas ao redor, e ala, xa tiña tenda de campaña!

Esta fin de semana, o sabdo o meu sobriño Xoel de ano e medio, dixo por primeira vez palmira, bueno ou algo parecido, jeje, que emoción.

E o día seguinte a miña outra sobri sara de un ano e un mes dixo tamén algo similar a palmira( case ai q botarlle imaxinación), cando eu tentaba sacarlle un anaco de pan da boca para facela rabear!

jajaj
son unha tía malisima!
jejeje

 
Ás 19/08/08, 17:34 , Blogger BK dixo...

Gustoume o hórreo e seguro que tés razón en que será un "escondite" para próximas aventuras....

 
Ás 19/08/08, 19:07 , Blogger tertulias para perogrullos dixo...

Que lembranzas, dentro duns anos, xa verás que ben o pasa nese hórreo, quen dera ter a súa idade e iso que eu non me podo queixar de vello jajaja. Saúdos

 
Ás 19/08/08, 23:22 , Blogger fgul dixo...

Hehehe. Queremos unha foto da rá e bonecos varios!!!

 
Ás 20/08/08, 18:32 , Blogger Cuspedepita dixo...

Lendo o que escribes boto de menos os tempos en que os meus eran pequeniños. A pesar de todos os catarros , dentes, noites sen durmir, etc...¡que tempo máis feliz ! :-))

 
Ás 22/08/08, 04:19 , Blogger torredebabel dixo...

Son fermosas as relacións que tecen os nenos cos seus bonecos. Santiago ten un leon azul. Chámase Leon azul, dende logo. Hai outros pero o leon durme con el, axudao cando ten medo e vai canda el ao sitios difíciles. Quen nos dera un leon azul aos adultos!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio