leoeosseus

xoves, 7 de agosto de 2008

Os ghuevos de plomo



Teño un compañeiro no choio que sempre conta acontecidos reais graciosos. Vou pór un exemplo.

Unha señora tiña un problema coas súas galiñas que repinicaban nos ovos que puñan e acababan estropeando todos. Unha veciña díxolle que tiña que mercar uns ovos de chumbo e pólos no niño e así cando fose repinicalos había de doerlle no bico e non volvería facelo. Alá foi a señora á ferraxería e o dono era un marrecas, un velliño xorobeta. Foi a señora e preguntoulle: - "Ten ghuevos de plomo ?." E o home contestou: - "Non, señora; é reuma."

Etiquetas:

14 comentarios:

Ás 01:19, 07/08/08 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

:LOLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLL:

 
Ás 01:20, 07/08/08 , Blogger Marinha de Allegue dixo...

jajajajajaja, mira que me fixo gracia o conto...

Unha aperta.
:)

 
Ás 03:00, 07/08/08 , Blogger tertulias para perogrullos dixo...

jajaja, pois si que esta ben a historia, moi boa. Saúdos

 
Ás 09:44, 07/08/08 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Que boa a salida do home, tuvestes que rir un pouco cando volo contou.
Un saúdo.

 
Ás 10:23, 07/08/08 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

(Deixeche un mimiño no meu blogue ;) )

 
Ás 11:12, 07/08/08 , Blogger Ana dixo...

Jajajaja,moi bon!
Es que o dos ovos ten moito conto,jeje

Bicos

 
Ás 11:30, 07/08/08 , Blogger vermella dixo...

moi bo! por certo recórdame unha anécdota de por aquí,no tempo en que nas panaderías facían bizcochadas por encargo para as festas o panadeiro puxo un cartel que decía:
encargue as bizcochadas
si non ten ovos,teñoos eu...
saúdos e bico para o Leiño que xa me puxen ao día e está falando,xa cho dixen cando empezan non paran.

 
Ás 13:48, 07/08/08 , Anonymous Anónimo dixo...

Con compañeiros así dá gusto choiar. Ti sigue tomando nota e alegrándonos a vida aos que pasamos por aquí.

 
Ás 16:45, 07/08/08 , Blogger Bea dixo...

Jajaja, a verdade é que menuda saída tivo o dependiente... ;)

 
Ás 21:08, 07/08/08 , Anonymous Anónimo dixo...

Haha, moi boa.
Recordoume aos contos de meu avó, que tamén sempre teñen un divertido e inesperado final.

 
Ás 23:46, 07/08/08 , Blogger LM dixo...

sim senhor... isso é capacidade de reazom... parabens ao teu companheiro por contar historias tam boas e a ti por recolhe-las. beijos

 
Ás 16:11, 09/08/08 , Blogger busto.agolada dixo...

Vexo que o folcore dos contos viaxa pola ancho mundo. ESe mesmo conto con leves variantes escoiteino eu cando adolescente aquí en Agolada. Ti viñéchesmo a lembrar.
Unha aperta.

 
Ás 22:21, 09/08/08 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Tardei en poñer este comentario por mor da risa, que non lle daba ben ás teclas jajaja

 
Ás 13:53, 15/03/10 , Blogger Paz Zeltia dixo...

bueno, home,
arrincáchesme un riso, (que mais pareceu un bufido que me colleu por sorpresa!)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio