leoeosseus

martes, 17 de febreiro de 2009

Lazo



Hai anos que aprendín nunha obra de Constantino García a palabra " lazo " que significa " capa de xeo " e que procede do latín " ( g )lacium ", que semella tamén orixe do nome de Laza.
O que de verdade non sei é de onde virá o lazo que din por Arbo cando se refiren a esas manchas de cores brillantes que ten a superficie do café ou o viño ( - Este café ten lazo, ou; - Este viño ten lazo ).
En fin, unha dúbida linguística máis que teño.

Etiquetas:

9 comentarios:

Ás 18/02/09, 00:16 , Anonymous Anónimo dixo...

non coñecía ese nome para o que conta do viño. ocórreseme que a razón do nome pode ser por semellanza co lazo que aparece flotando na superficie da auga.

 
Ás 18/02/09, 09:44 , Blogger Merce dixo...

Vaia! eu tiña oido esa expresion pero non sabia por qué, sobre todo co viño, que as veces ten "flor", pensaba que era por iso.

 
Ás 18/02/09, 10:40 , Anonymous Anónimo dixo...

Ía dicir o mesmo que Kaplan.

 
Ás 18/02/09, 12:03 , Blogger Mer dixo...

pois imaxino que terá algo que ver co significado de lazo como capa de xeo, pois nos ríos tamén se poden ver plaquiñas de xeo (lazos) flotando cando vai moito frío

unha aperta

 
Ás 18/02/09, 13:23 , Blogger An dixo...

pois presupoño que asemella o lazo que queda de riba da auga cando cae xiada :) Saúdos e apertas meu :)

 
Ás 18/02/09, 18:54 , Blogger Nébeda Piñeiro Barros dixo...

a blogosfera é un bo lugar para aclarar dúbidas, pai.

 
Ás 18/02/09, 22:31 , Blogger amauta dixo...

Non asistiría nunca a ese local chamdo "trisquel"...
Pola contra prometo que a foto do "dedo feliz" aparecerá tarde ou cedo no meu blogue...
Saúdos!

 
Ás 19/02/09, 13:06 , Blogger rui dixo...

Mira ti, agora xa sei de onde ven a palabra glace (xelo) en francés. Eu non estudei o latín, andiven cos miliampérios e os microfarádios, mas a orixe das palabras sempre me pareceu un tema apaixonante.

 
Ás 20/02/09, 00:29 , Blogger Danilo dixo...

Boa anotación. Interesante. Non coñecía o lazo dos viños de arbo....

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio