leoeosseus

domingo, 8 de marzo de 2009

As prantas choran


Hai muitos anos aprendín que o grupo consonántico inicial " FL- " do latín evoluciona para o galego en " CH- " e o extraño era que a palabra latina tan abundante como " flos, flororis " non resultase " chor " no galego. Iso si, había o caso da chorima que é unha palabra querida por muitos e que é a flor do toxo. Ata aí o que tiña entendido eu sobre flor e a súa evolución no galego.
Pero o outro día falaba un compañeiro xa maior sobre atar e podar viñas e dicía que era xa tempo que senón empezaban as prantas a chorar, a botar flor. E lembrei o asunto da evolución da palabra flor e o raro que non estea rexistrado este verbo exemplo de evolución.
Bueno, aquí o deixo para o futuro.
A foto é da camelia que chora agasallo dunha amiga para o Leo.

Etiquetas: ,

13 comentarios:

Ás 08/03/09, 22:58 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

Qué bonito verbo, nunca antes o escoitara!

Un biquiño

 
Ás 09/03/09, 00:53 , Blogger Antón de Muros dixo...

Entón para unha planta chorar = botar flor?

Grazas pola información :-)

Saúdos.

Antón.

 
Ás 09/03/09, 00:54 , Blogger Merce dixo...

Meu pai decia que as cepas se se podaban fora de epoca "sangraban" de pequeña pensaban que tiñan sangue coma min, pero logo comprendin que era a savia, e nalgunha ocasion vin como goteaban.

Saudiños

 
Ás 09/03/09, 08:25 , Blogger HADEX dixo...

Quizáis FLOR sexa un cultismo reciente e por iso non evolucionara....quizáis outro termo foi sustituido por el.....vaia picoume a curiosidade....hei de investigar eu tamén....
Apertas.

 
Ás 09/03/09, 09:35 , Blogger Veloso dixo...

Estou a pensar na palabra "chorima", que tamén debe pertencer á familia. Vese que aínda tes o sentido filolóxico esperto. O meu xa hai moito tempo que adormeceu.

 
Ás 09/03/09, 09:51 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Non sabes a alegría que me dá ver a camelia de Leo tan chea de flores e tan ben coidada e gústame moito iso de que chora non o savia, como sempre aprendese moito esculcando este blog. Un saúdo A.Cris

 
Ás 09/03/09, 14:47 , Blogger HADEX dixo...

mm.....estiven cavilando....(aínda non puiden certificalo)....O grupo PL- tamén da Ch en galego. En casos de ambigüedade un dos dous grupos non evoluciona ou toma un préstamo. Chorar ven de PLORARE....

Cando estudaba filoloxía, lembro un exemplo que me poñía o profesor. OLEUM e OCULUM ían confluir ambos en ojo (lj e cl=j). Así que se tomou o préstamo árabe aceite...Quizáis a explicación sexa esa....ante a confluencia de evolucións, unha evoluciona e a outra non....

Ai Deus, perdoa a parrafada....

Bicos!!!

 
Ás 09/03/09, 16:40 , Blogger An dixo...

oes pois non caira eu niso...o sabado falei co meu abo mentres ollabamos a parra e disenlle iso mesmo, que cedo empezou chorar a viña...é como foi unha verba que sempre escoitei...non lle din máis importancia...ata agora...que curioso...agoraa moitos din agromar...pero eu sigo dicindo chorar...inda que cando cortas un bacelo e comeza a soltar savia...tamen digo que esta a chorar..Saúdos e apertas meu

 
Ás 09/03/09, 17:26 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Sei seguro que se emprega o de "choran as cepas", e como ben explica Merce, e cando podala viña fora de tempo. Este ano pasoume, ó podar unha "viña alta" que soamente é para dar sombra no eirado. Foi hai tres semanas, e as cepas choraban de lo lindo. Ata parecía que lle estabas a facer dano.

Un saúdo

 
Ás 09/03/09, 18:52 , Blogger Mer dixo...

qué fermoso o de dicir que choran as flores, non o escoitara antes. estas cousas hai que intentar trasmitilas e que non morran.

graciñas por compartir a túa sabedoría.

unha aperta

 
Ás 09/03/09, 20:13 , Blogger Suso Lista dixo...

Sempre nos enseñas algo. Aperta

 
Ás 09/03/09, 23:02 , Blogger rui dixo...

Si, eu tamén pensaba que o de chorar era porque cando podabas tarde a viña logo pingaba a savia. Senón hai outro verbo da viña que nunca vin escrito, a ver ti que tes máis coñecemento destas palabras. Farnar. Creo que é cando a flor pasa a uva.
Un saúdo

 
Ás 10/03/09, 11:08 , Anonymous Anónimo dixo...

Bonita información.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio