leoeosseus

martes, 23 de xuño de 2009

Carros e cancelas

Dentro dun chisco fluirán polo aire cheiros a fumes e sons de risas. Empeza a noite máxica de san Xoán cos seus costumes de saltar fogueiras, comer sardiñas, preparar a auga de san Xoán e o costume de " roubar " cancelas e carros como mostra a foto do ano pasado tirada no concello das Neves. Van quedando menos e menos carros e o costume vaise perdendo como todo. Para demostralo xa porei a foto do mesmo lugar cando pase esta semana por este lugar para ver que cambios hai.

Etiquetas:

8 comentarios:

Ás 01:16, 24/06/09 , Blogger Unknown dixo...

Por aquí, es costume robar os portais e colgarlos do campanario....
Todos os anos, encadenamos los nosos,por si as moscas!
Fai tempo que non celebro eu unha noite de san juan coa su fogueira...

Bicos ;)

 
Ás 10:10, 24/06/09 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

aquí xa as vin soldar para que non as levaran :DDDDDDDDD

 
Ás 10:35, 24/06/09 , Blogger Lapis-vermello dixo...

A festa de San Xoán é unha das festas máis máxicas do ano, aínda asi eu non sabía esa costume. Nos por aquí facemos outras cousas.

Saúdos para ti e para Leíño tamén.

 
Ás 10:38, 24/06/09 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Eu tamén fun moitas veces a "roubar" carros e cancelas. Menudas ganiñas tíñamos de estar ata as 4 da mañán, para o día seguinte ir a currar. So pensalo, xa me da pereza.
Agora, aquí polo menos, a costume estase a perder. Terán que vir outras xeracións con gañas de festa como tíñamos nos.

Por certo, que sobre o San Xoan do ano pasado, lémbrome que foi máis ou menos cando coñecin o teu blog e entramos en contacto. Como pasa o tempo...

 
Ás 11:15, 24/06/09 , Blogger Raposo dixo...

Dentro de pouco xa non haberá carros que "roubar", así que hai que aproveitar agora.

 
Ás 14:25, 24/06/09 , Blogger An dixo...

Xa vai unha morea de tempo que donde eu son non acontecen esas cousas, os mozos marchan agora de botellon a vila e ninguen se preocupa de ir as arrasadas....unha magoa de perdida tradicional...por certo onte nós comemos fora da casa, que non se diga que non saco a muller :D Comimos na orta sardiñas con pan de millo, como manda a tradición XD saúdos e apertas meu

 
Ás 20:21, 25/06/09 , Blogger Barreira dixo...

A ver si vai pasar coma no meu pobo, que lle tapiaron con ladrillos unha porta a unha vivenda. Case nada.
Saudos.

 
Ás 12:04, 28/06/09 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Nos meus tempos mozos había un veciño que acabou por durmir no carro para que non llo levásemos!!!.
Tamén tiñamos por "norma" subir cancelas aos carballos e castiñeiros, que como estaban cheos de folla, en algunhas ocasións as cancelas non aparecían até o mes de outono....
Agora está de moda xuntar os cubos do lixo de toda a vila nun punto.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio