leoeosseus

xoves, 6 de agosto de 2009

Traballiños



Castelao dicía que o pobre ten un can para ter en quen mandar e agora os galegos temos negros para ter en quen mandar. E aí os están, a pleno sol, facendo o que outros non queren facer.

No futuro, cando estea por ese parque, lembrarei a eses negros e viranme á memoria as calores e cheiros africanos que nunca sentín e as cores rechamantes faranme lembrar a arte decorativa Ndebele.

Quen sabe se eses traballadores non estaban pensando na súa terriña cando creaban esas formas de cores ?.

Etiquetas: ,

7 comentarios:

Ás 01:19, 07/08/09 , Blogger Antón de Muros dixo...

Tódolos emigrantes teñen a cachola na súa terriña, claro...

Digocho eu que son un neto de emigrantes ;-)

Unha aperta.

Antón.

 
Ás 01:40, 07/08/09 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Está claro que a vida do emigrante pode chegar a ser moi dura, e que van a pensar moito na súa terra.

O problema é por que os da terra non queren facer eses traballos. E estou seguro que non é por crerse superior ou por intentar mandar en alguén, senón máis ben porque nos sentimos maltratados e explotados con algúns salarios que pagan por aí.

Todos os dereitos que se gañaron co tempo non se van a tirar porque si, ou porque os que mandan queren aproveitarse da época de crise.

Se isto non millora haberá que doblar, pero de momento que non nos pisen (os empresarios, claro).

E chapó por esta xentiña que se deixa a vida por catro pesos e sen apenas dereitos, pero máis que nada sempre é.

Non sei se me explico, pero os de aquí sempre fomos currantes, que pasa agora?

 
Ás 16:22, 07/08/09 , Anonymous Anónimo dixo...

Non sei se estes traballos non os queren facer os de aquí por querer mandar noutros, por crerse superiores ou porque non están ben pagados. Bastante teñen eles con deixar atrás a súa terra e, en moitos casos, a súa familia, como para que se lles pague algo polo que calquera de aquí nin se levantaría do sofá.

O erro pode estar en exisirlles moito (simplemente porque naceron noutro país) e non ofrecerlles case nada.

 
Ás 17:08, 07/08/09 , Blogger Barreira dixo...

Iso é o que se chama mestizaxe.
Saudos.

 
Ás 01:38, 09/08/09 , Anonymous Anónimo dixo...

A Castelao, como sempre, non lle faltaba razón; e a vde. tampouco.

 
Ás 01:43, 09/08/09 , Anonymous paidovento dixo...

Moi oportuna a foto, si señor. E falando de negros, a túa pel hoxe non diferirá moito da destes dous...

 
Ás 18:15, 11/08/09 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

SEGURO

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio