leoeosseus

martes, 29 de setembro de 2009

Nome da lúa


Estes días atrás empezou o Leo con esas preguntas de " por que ? " para todo.
Aparte diso é gracioso e ten desas saídas infantís tan simpáticas como a que dixo o outro día. A nai de X., un amiguiño de Leo, preguntoulle ao seu fillo como se chama a lúa e X. respondeu " Catalina ". Logo fíxolle a mesma pregunta a Leo e el dixo con toda a razón do mundo: " Chea ".

Etiquetas:

7 comentarios:

Ás 01:22, 30/09/09 , Blogger mamiago dixo...

encántame a lámina e o Leo pérdeme con esa resposta

 
Ás 01:22, 30/09/09 , Blogger Barreira dixo...

Eu non sei cal delas é a mellor para botar as patacas.
Saudos.

 
Ás 09:34, 30/09/09 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

hahahahahaha boísimo!!

 
Ás 17:55, 30/09/09 , Blogger busto.agolada dixo...

Moi simpática e lóxica a resposta do Leo, ese homiño que xa ve a vida desde a fiestra dos tres anos.
Apertas para vós e que siga a nos ofrecer ocorrencias e saberes infantís.

 
Ás 18:43, 30/09/09 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Linda a resposta do Leo.
Um menino encantador.
Um abraço e que Deus o proteja e o Guie pelo lado bom da vida.
Um abraço

 
Ás 16:31, 01/10/09 , Anonymous Anónimo dixo...

Prepárese para esta etapa: son incansables preguntando, e ademais non crea que sobran as respostas, non.

 
Ás 20:07, 03/10/09 , Blogger Mer dixo...

é que tamén ás veces as nais teñen cada pregunta... moi boa a resposta do Leo

unha aperta

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio