leoeosseus

luns, 14 de setembro de 2009

Primeiro día de cole


E hoxe foi o Leo á escola por primeira vez. Empeza o periodo de adaptación cunha hora diaria e hoxe pasouna case toda chorando. A profe chámase Maite. Maite fala galego, leva un colgante cun tríscele e parece boa rapaza e supoño que será paciente para aguantar a nenos chorando seguido como Leo e outro compañeiriño cunha perrencha enorme.
A ver mañá como o leva.

Etiquetas:

14 comentarios:

Ás 07:07, 15/09/09 , Blogger Carlos Sousa dixo...

O primeiro día pode chegar a ser nunca sabes como vai a saír. Pouco a pouco.

Sabes, chafáchesme o meu seguinte post que vai ir sobre o mesmo.

Curiosidades, a palabra de verificación que me saíu foi "unpai", casualidades.

 
Ás 09:15, 15/09/09 , Blogger Eva G. Rei dixo...

Lembras o primeiro día de escola?
Eu si. Lembro o patio pequeno diante das clases de parvulitos, a profe Ana ( a miña primeira mestra e a que me aprendeu a ler), os mandilóns de cadriños azuis e brancos, a miña veciña que choraba sen parar, o balbordo dos nenos berrando, e o "cheiro a cole"...
Sempre me encantou como cheiran as escolas; debe ser polo material escolar, pero para min é un arrecendo marabilloso. Aínda hoxe me gusta entrar na dos meus fillos e sinto ese cheiriño.

 
Ás 10:50, 15/09/09 , Anonymous Anónimo dixo...

Nun par de días non só non chorará senón que estará desexando ir. Verá como o sábado terá pena de quedar na casa.

 
Ás 11:28, 15/09/09 , Blogger Unknown dixo...

Non te preocupes, en pouco tempo se adapta.
So me quedei pensando ( tamén penso,jeje), que narices e o tríscele. A mi me sona a símbolos Celtas, mais dame que a cousa non va por ahí, verdad que non?

Bicos

 
Ás 11:44, 15/09/09 , Blogger Barreira dixo...

Hai.... mal de moitos...... Ese é un momento irrepetible. Coido que é unha das poucas veces que se externaliza o medo ao novo.
saudos.

 
Ás 14:21, 15/09/09 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

Espero que hoxe fora mellor :) i é que son tan pequenos...

Un biquiño

 
Ás 16:57, 15/09/09 , Blogger BRABIDO dixo...

Tempo o tempo,eu tiña seis anos cando fun por primeira vez a escola e tamen chorei, con seis anos llorar que apampanado ja ja ja.

Maite xa estara acostumada a estes situacions,xa que se non o pasaria peor ela que os nenos.

PRAADIANTE

 
Ás 17:21, 15/09/09 , Blogger vermella dixo...

supoño que quitarías foto para a posteridade,eu teñoas dos meus máis do meu primeiro día de cole nin me acordo,debeu ser sin problemas....
bicos

 
Ás 21:31, 15/09/09 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

!Que disgusto! pobre Leo

 
Ás 23:11, 15/09/09 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Pregúntaste como levará mañán o colgante do trisquel a Maite?
Seguramente non o vai levar. As mulleres para esto sonche moi presumidas e dudo moito que repita adorno...

(Ánimo para os papis, que tamén lles doe. Xa veredes como nunha semaniña todo vai acougando)

 
Ás 14:08, 16/09/09 , Blogger busto.agolada dixo...

Agardo que dentro duns días nos digas o feliz que está con esa profe que fala galego.
Dentro de nada o Leo terá un bo fato de amigos e colegas nesa escola.
Apertas

 
Ás 22:18, 16/09/09 , Blogger An dixo...

Dentro de pouco non vai querer que o saques de ali. Saúdos e apertas

 
Ás 23:23, 16/09/09 , Anonymous aopeofarerlo dixo...

¿Sabes?, Eu ainda recordo coo se fora onte, cano levei a David, a primeira vez ao Cole.
REcordo que nos sentamos pais-nais, e nenos, nas bancas, e mesas da clase, para escoitar as normas basicas, de comportamento, e asistncia, da profe....e ao finalizar,e despenirnos, David, tamen levantouse, e colleume a man pàra marchar conmigo cara a casa...
Non chorou, pero teño para mi que non estivo demasiado a gusto.
Un mal trago que todos temos que pasar...Despois o longo da vida, temos que soportar un tras de outro, lamentablemente

 
Ás 15:54, 28/09/09 , Anonymous Anónimo dixo...

Espero que xa se adaptara á escola e que faga moitos amigos.
Saúdos!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio