leoeosseus

domingo, 13 de decembro de 2009

Castañas e gofres


Despóis da chuvia destes días apareceu o frío. Vilaguindastre solta frío dende as súas pedras vellas e o novo cheiro dos gofres anima o apetito na curta tarde. Forma ringleiras a xente para coller gofres e lambetadas modernas pero eu prefiro quentar as mans cunhas castañas de sempre neste día con sopro de candeas de aniversario, tocamentos de peitos graníticos e carreiras infantís entre sombras da noitona ( noitiña supetamente feita noite negra coma fariña do demo).

Etiquetas:

14 comentarios:

Ás 09:03, 14/12/09 , Blogger Carlos Sousa dixo...

E que frío fai, carallo!! Mais, co pozo de néboa que é Ponteareas, aquí nin con castañas entra un en calor.

 
Ás 10:55, 14/12/09 , Blogger HADEX dixo...

Se como castañas o único que consigo é unha terrible dor de estómago....

 
Ás 11:00, 14/12/09 , Blogger fonsilleda dixo...

Non me chistan os gofres, tamén eu son mais de castañas quentiñas.
Bicos

 
Ás 13:56, 14/12/09 , Anonymous Zeltia dixo...

ah, o conto das castañas mólacheme a mín tamén!

o que non pillo é o das candeas e todo iso, supoño que me faltan datos ;-)

 
Ás 17:17, 14/12/09 , Blogger Bolboreteira dixo...

mmmmm!Que ricas as castañas, como me gustan!Os gofres non se desprecias pero onde estén as castaña.
Pois por aquí tamén vai frío, moito moitirmo...
Bicoss!

 
Ás 17:54, 14/12/09 , Blogger Eva G. Rei dixo...

Estás feito un burgués... en lugar de ir asalas ao monte cos teus amigos.
A ver cando as comemos xuntos.

 
Ás 20:02, 14/12/09 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

E logo din que esto é unha "ola de frío siberiano". E vai resultar que o soltastes en Vilaguindastre!!
Boa idea o de quentarse coas castañas. Por fora e por dentro.

(Por certo, o de fariña do demo aquí díselle ós cartos)

 
Ás 20:50, 14/12/09 , Anonymous Anónimo dixo...

Con dicir siberiano non hai que dicir outra cousa: o nome xea!

 
Ás 23:01, 14/12/09 , Blogger Moraima dixo...

Acabanme de entrar unhas ganas terribles de comer un gofre! :P

 
Ás 18:37, 15/12/09 , Blogger An dixo...

Queriache mandar unha nadaliña pero voume ter que amolar e desexarche unhas ledas festas por eiqui. O dito, que teñades unhas moi ledas festas. Saúdos e apertas

 
Ás 19:00, 15/12/09 , Blogger BRABIDO dixo...

O lado do concello,que sorte teñen os funcionarios,manda carallo.

Que aprobeite

 
Ás 12:45, 16/12/09 , Anonymous aopedofarelo dixo...

E eu ando cun catarrazo que nin diola, xa ves tomoume un cariño¡¡¡¡¡
total que non hai quen o bote fora, e xa levo duas seman. AQui estou na casa, amantado, tusindo, xarabe de mel-limon e un grolo de whisky, e de moi mal humor....Son un infermo moi dificil de aturar...
Unha aperta

 
Ás 18:19, 16/12/09 , Blogger Suso Lista dixo...

Tende coidado con eses animales que despois de grandes matran ovellas, je je. A mal tempo, boa cara. Apertas

 
Ás 01:24, 17/12/09 , Blogger Unknown dixo...

Si que fai frío, e nada mellor que unhas boas castañas asadas!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio