leoeosseus

venres, 25 de decembro de 2009

Mamanoela

Foi unha noiteboa para lembrar con familia chegada de Galicia, Madrid, Brasil e os Estados Unidos. Apareceu a Mamanoela cunha rena e repartiu agasallos. A Leo preguntoulle se se portara ben este ano e Leo respondeu: - No. Porque ten pánico tanto a Papa Noel, coma ao Apalpador ou aos Reis Magos que non quere saber de mascaradas nin no entruido. E como se portou mal levou un Elmo, un libro de cabalos, un quebracabezas, un videoconto, un parquing con coches e un " helitóquero ", unha bici e o que lle fixo máis ilusión: un conto.

Etiquetas: ,

9 comentarios:

Ás 26/12/09, 00:19 , Anonymous Anónimo dixo...

Aínda ben que se portou mal, e a de cousas que lle trouxeron.
Á sta Kaplan (que naturalmente xa non cre nos Reis nin no Papá Noel nin no Apalpador) trouxéronlle unha cámara de fotos e a pobre ao parecer aínda está en trance.
Benditos eles

 
Ás 26/12/09, 11:40 , Blogger fonsilleda dixo...

¡Feliz Leo! e todos os rapaciños que poden compartir ilusións, a pesares dos pánicos.
Bicos

 
Ás 26/12/09, 12:01 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Pois menos mal que lles ten medo e que aínda di que se portou mal!!.

Son realmente días de ledicia para os pitufiños da casa. Que lles dure moito esta etapa.

Apertas para todos

 
Ás 26/12/09, 17:42 , Blogger MRA_Gallaecia dixo...

Vaia! Mira a quem temos aqui, ao "demócrata" que lhe molestam os locais nacional-socialistas.

Eu sei doutro par de locais no Porrinho que som "comunistas" e "capitalistas", queres denunciâ-los aqui também?

Sangue e Terra!

 
Ás 26/12/09, 18:35 , Anonymous Zeltia dixo...

cantos regaliños o leo! xa vexo que con visitas habería festa a eito, eso mola.
¿sabes que eu ainda me enterei hai pouco da existencia do apalpador? pola comarca do deza e trasdeza (e non che digo nada na coruña) había outros tipos de apalpadores jajaja
alédame que pasaras un nadal tan bonito e que o leo fose feliz, os recordos dese ambiente quedaranlle para sempre. ou polo menos os malos quedan, asi que supoño que tamén os bos.

 
Ás 26/12/09, 20:12 , Blogger BRABIDO dixo...

Que sorte eu nunca tiven mamanoel.

 
Ás 27/12/09, 19:25 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Si lle chega a dicir que sí, non me imaxino o que poderían traer(!).

É un dos mellores momentos destas festas.

Apertas, pasádeo ben.

 
Ás 28/12/09, 21:13 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Xa vexo que pasastes unha noite boa estupenda e menos mal que foi un pouco malo o Leo senón tería uns cantos agasallos máis.
Bicos, A.Cris

 
Ás 02/01/10, 14:25 , Blogger Mer dixo...

Pois menos mal que se portou mal, porque si se chega a portar ben, deixa sen xoguetes ao resto dos rapaces.

FELIZ ANO!!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio