leoeosseus

luns, 7 de decembro de 2009

Sorpresa, susto e singladura


Sorpresa grande como coñecer da separación dunha parella de vellos amigos.
Susto abafante como perder por dous ou tres eternos minutos ao Leo nos corredores dun centro comercial.
Singladura única no último barco de vapor do país en funcionamento nunha oportunidade conseguida a última hora.

Etiquetas: ,

15 comentarios:

Ás 22:32, 07/12/09 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

A mesma sorpresa levamos nos hoxe :(
E qué susto cando se perden é horrível e tardas en recuperarte días!!

Un bico :*

 
Ás 22:44, 07/12/09 , Blogger nebeda dixo...

Xa anda o Leo de explorador... debe de estar feito un chaval.

BICOS.

 
Ás 00:43, 08/12/09 , Anonymous Zeltia dixo...

vivir é o que ten.

 
Ás 02:16, 08/12/09 , Blogger Eva G. Rei dixo...

Ao final non era tan mal invento aquela "correa para nenos", que máis que levar ao fillo parecía que levabas o can...
Menos mal que só foi un susto.
Apertas.

 
Ás 17:02, 08/12/09 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Sorpresas así están á orde do día.
O susto, menudos tres minutos dubestes de pasar!!

 
Ás 19:08, 08/12/09 , Blogger mfc dixo...

gostei muito ta tua foto...

 
Ás 22:07, 08/12/09 , Blogger BRABIDO dixo...

Alegrome que tivese un final feliz, unha anecdota pa o dia de mañan.

Puxen no mercado outro blog,fotobrabido,vae de fotos je je je.

Aperta

 
Ás 23:36, 08/12/09 , Anonymous Anónimo dixo...

Esas sorpresas debían ir deixando de selo: eu empezo a botar calo a forza de sorprenderme.
Comprendo o susto da desaparición: unha vez nun parque pasoume coa miña e sentín como me empezaban a tremer as pernas; logo resultou que estaba por alí remexendo na terra xunto ao tobogán e por iso non se vía, pero o susto non mo quitou ninguén.
O do barco de vapor, esa si que é sorpresa: non tiña noticia

 
Ás 23:38, 08/12/09 , Anonymous chelo dixo...

Home, a nos inda non se nos perdeu, pero a miña nai si que levou un bo susto cando me perdeu no Corte Ingles cando eu era pequena, segun conta mirabame pasar polos espellos, je,je,je eu riome pero non creo que ela o pasara moi ben.biquiños.

 
Ás 08:26, 09/12/09 , Blogger Eva G. Rei dixo...

Conta, conta, que o da singladura no barco a vapor ten boa pinta...
Falando de boa pinta, vai un magosto atrasado para o sábado? Seica vén o sol e certa calor...

 
Ás 11:37, 09/12/09 , Blogger vermella dixo...

ai mi madriña que mal se pasa cando "perdemos" un neno,cóntoche que cando o meu Román era pequeno despísteime no Carrefur e non o atopaba,garda de seguridade polo medio e altofalantes apareceu e sabes que foi o primeiro que me dixo?,eu non me perdín,perdicheste ti....
bicos.

 
Ás 13:16, 09/12/09 , Blogger Bolboreteira dixo...

Cousas da vida!
:)
Espero recuperado di susto, eses son grandes.
biquiños

 
Ás 20:19, 09/12/09 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Para ser pai/nai compre ter o corazón forte. Ás veces dan cada susto...

 
Ás 17:16, 10/12/09 , Blogger busto.agolada dixo...

Congratúlome do final feliz da escapadiña do Leo. Eu xa vivín esa experiencia e sei o mal que se pasa.
Moitas apertas para a familia reunida.

 
Ás 19:13, 15/12/09 , Anonymous F. Míguez dixo...

Por se serve de algo, cóntoche que aínda non tiven fillos que se me perdesen, pero si un avó que o facía. Sempre o demos atopado en varios minutos, pero para facilitar a «recuperación» se algún día se extraviaba, procurábamos terlle sempre en todos os petos papeliños co seu nome, o enderezo e os números de teléfono da casa.
Ademáis, tiñamos a man varias fotos del, de preto, de lonxe, de perfil... para darllas ós servicios de emerxencia en caso de necesidade.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio