leoeosseus

luns, 11 de xaneiro de 2010

Primeira nevada do Leo

Onte, indo de camiño a Arbo, o ceo gris comezou a soltar farrapos de neve que se desfacían contra o coche. En Arbo xa caían folerpas con intensidade pero non callaban porque o chan estaba quente de máis. Quedamos coas ganas de xogar coa neve e tiramos para A Caniza despóis de xantar. Non demos chegado porque polo camiño topamos cun coche esnafrado fóra da estrada e collemos medo. Aparte o Leo quedara durmido. Tomamos camiño para Vilaguindastre pero xa albiscamos os altos da redonda brancos así que nos animamos a subir a Erville. A xente que vai ao mercadillo dos domingos estaba gozando da neve que cubría a zona. Así que espertamos ao Leo e saímos xogar coa neve dun camiño. Ao Leo gustoulle a cor e o ruido que fai cando a tripaba pero non chegou a collela que a notaba fría. Fixemos fotos e un moneco de neve algo abstracto para levar no coche e voltamos para o calor da casiña e un chocolate.
Hoxe Leo remataba as súas vacacións e quixo ver se aínda estaba o moneco de neve no coche. No seu sitio había un garabato de piñeiro que fixo de nariz e unhas pedriñas de xabre como mostra da marabilla case milagrosa da existencia de neve por estes lares. Quen sabe cando veremos neve outra vez por aquí !.

Etiquetas: ,

13 comentarios:

Ás 11:25, 11/01/10 , Anonymous peke dixo...

Eu aínda lembro a primeira vez que vin a neve, alá en Compostela. Xa choveu, xa.
Por certo, o Leo está feito un homiño.

 
Ás 14:04, 11/01/10 , Blogger Dilaida dixo...

Está moi guapo Leo e é todo un mozo.
Bicos

 
Ás 14:16, 11/01/10 , Blogger Moraima dixo...

Nós tiramos para a cañiza... unha hora d viaxe dende o Morrazo, pero valeu a pena ;)

 
Ás 15:29, 11/01/10 , Blogger Paz Zeltia dixo...

pois seguro que Leo o recordará, ó seu propio xeito, para sempre. aínda que nunca sabemos cal é o resorte misterioso polo que unhas cousas quedan rexistradas na memoria toda a vida, e outras, que sendo incluso máis importantes ou ocurríndonos sen ser tan pequenos, en cambio non temos conciencia de telas vivido...

envexa de neve, e do chocolate!
:-)

 
Ás 15:54, 11/01/10 , Blogger X dixo...

Como medra este rapaz! Nótase que hai quen o alimente ben, e falando de alimentar ben, o outro día no Carrefú atopei por fin as galletas mariñeiras das que falara aquí hai tempo e lembreme de vostede e o Leo e merquei un paquetiño e teño que dicir que están ben boas. Saúdos e feliz ano para toda a familia.

 
Ás 16:19, 11/01/10 , Blogger Bolboreteira dixo...

Pois por aquí tivemos boa nevada onte, durou case ata agora.Como me gusta a neve!
O Leo cada día máis grande e máis guapo.
Bicos para pai e fillo!

 
Ás 19:11, 11/01/10 , Blogger BRABIDO dixo...

Eu pa vela neve tiro pa Avion,pasndo Covelo por esas montañas non ae tanta xente e moitos sitios donde xogar os nenos.

Boas nevadas

 
Ás 19:32, 11/01/10 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

O Leo está feito un boneco de carne!!!. Medra que da xenio.

Un bolo de saúdos

 
Ás 21:40, 11/01/10 , Anonymous Anónimo dixo...

Aí coincidimos: a miña tampouco vira neve até agora, non sendo algúns restos sucios á volta da muralla cando era pequena. Daquela quixera levarlle á súa avoa un pedazo de xeo, que obviamente se derreteu polo camiño; desta, por rir e porque se acordaba, fixo o mesmo.

 
Ás 23:44, 11/01/10 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

Que ghrande está este rapás!! :)

Un bico e grazas por seguer dándo coliño ;)

 
Ás 00:45, 12/01/10 , Blogger fonsilleda dixo...

A pura realidade é que o Leo é moito máis guapo que o seu pai.
Non hai nada que facer, vese, nótase.
¡Que maior xa!
Bicos

 
Ás 14:54, 12/01/10 , Blogger Os Tartarouchos dixo...

Ei! Ó final si que houbo neve polo sur!
Que grande vai o Leíño, eh? Como nos medran!
Un bico

 
Ás 15:59, 13/01/10 , Anonymous Anónimo dixo...

Que lindo está Leo! =)
Un bico.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio