leoeosseus

venres, 26 de febreiro de 2010

O " Bailas-No "


Hoxe tiven que axudar a cargar un contedor dun camión e lembrei ao " Bailas-No ". Era un antigo compañeiro doutra empresa que falaba pouco, non mui agrazado de cara e con menos luces ca un barco pirata. Un día falaba un compañeiro de cando estaba embarcado por augas africanas que cando remataba a marea a tripulación volvía en avión a Galicia. Ao " Bailas-No " non se lle ocorreu facer outra que preguntar se o peixe ía no avión. Todos riron e houbo algún que dixo que o avión levaba pendurado un contedor con peixe e ese detalle foi o que me lembrou hoxe a este home.
E preguntarás de onde vén o nome de " Bailas-No ". Pois os luns preguntabámoslle onde estivera a fin de semana e el respondía que fora ao " Bailas-No " e nós preguntabamos que era iso e el explicaba que era como chamaba el ás discotecas porque cando empezaban as cancións lentas el ía preguntando ás rapazas " Bailas ? " e elas respondían sempre " No ".
Na foto, a discoteca de Arbo.

Etiquetas:

5 comentarios:

Ás 23:01, 26/02/10 , Anonymous Anónimo dixo...

Pois a fachada da discoteca de Arbo, teño que dicilo, ben podería valer para decorado d' O señor dos Aneis: é como a entrada de Minas Tirith.

 
Ás 13:45, 27/02/10 , Blogger fonsilleda dixo...

Non vexo que estivese moi falto de luces se retrucaba dese xeito.
Agora os peixes veñen en avion tamén.
Bicos.

 
Ás 14:01, 27/02/10 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Fixéchesme lembrar este chiste:

-Bailas?
-Non
-E iso?
-Iso é miña irmán e tampouco baila.

 
Ás 17:26, 27/02/10 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Pois a min fixéchesme lembrar estoutro:

- Bailas?
- Non
- Logo de f...xa nin falar, claro!

 
Ás 21:08, 28/02/10 , Blogger Eva G. Rei dixo...

A min tamén me lembrou un conto que dicía os de Cangas:
- Bailas?
- Se paghas un botellín...
Ou aquela historia que contaban dun borracho de Ponteareas, que foi sacar a bailar a unha moza que tiña unhas curvas impresionantes pero un nariz de "arredemo", e como lle "atacou" por detrás díxolle:
- Nena, tienes cuerpo de tentación.
E cando a moza deu a volta, retrucou:
- Y cara de arrepentimiento.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio