leoeosseus

sábado, 13 de febreiro de 2010

Prolingua en Ponteareas


Onte puiden ir á presentación do libro " 55 mentiras sobre a lingua galega " en Ponteareas. Cheguei cedo e tiven tempo para tomar un café en " El troll ", un bar cheo de obxectos norteamericanos. Na entrada da biblioteca estaba, oh sorpresa; o fotógrafo profisional que me persegue. A sala encheuse e houbo xente que tivo que seguir de pé a charla de Benito Romero ( no centro entre Verónica e Alberte ). Falou da invasión colonizadora da lingua castelá nestes últimos cincocentos anos e de como conseguiu infravalorizar o galego entre a maioría da poboación. Despóis houbo algunhas preguntas por parte do público e fixéronnos a foto de familia cun melindre de Ponteareas na man. Houbo viño con etiquetaxe en castelán e nada de Galicola. Coñecín personalmente a Carlos Sousa e falamos un chisco, o chisco suficiente para quedarmos sen libro que trouxeran poucos. Marchou Carlos á súa vida e logo tiven que marchar que tocaba traballar de noite.
En fin, gustoume coñecer persoalmente a Carlos, cazar ao fotógrafo, mirar caras coñecidas de Vilaguindastre e envolverme do ambiente garimoso dunha xente con ideas parecidas ás miñas.

Etiquetas:

9 comentarios:

Ás 21:58, 13/02/10 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Unha mostra máis do que une a lingua!.

Finalmente Ponteareas tivo a súa presentación do libro de ProLingua. Alédame ben.

(O libro podes atopalo nas librerías, pero se tés algún probleme escríbeme, que cho mando eu. Será un pracer.)

 
Ás 22:31, 13/02/10 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

Qué é iso do fotógrafo que fiquei coa curiosidade :D

biquiñossssss

 
Ás 11:35, 14/02/10 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Asi mesmo foi, puxémonos de leria e cando nos demos conta quedamos sen libro.
Un pracer coñecerte, lástima non tivera máis tempo para charlar. Outra vez será.
O sábado recorrín tódalas librerías de Ponteareas e non atopei o libro. Seica para a semana.

Unha aperta

 
Ás 12:53, 14/02/10 , Blogger fonsilleda dixo...

¡Ben!.
Eu tamén buscarei o libro.
Se non o atopo, xa sei a quen pedirllo. Quedou ben clariño.
Bicos.

 
Ás 14:28, 14/02/10 , Blogger BRABIDO dixo...

Eu estaba fora do Condado,pa semana espero que o axa nas librerias,quen e o fotografo que te persegue?,eres tan famoso pa que anden de tras tua?.

Mañan se estou co Sousa xa lle preguntarei.

Saúdos

 
Ás 14:16, 15/02/10 , Blogger Paz Zeltia dixo...

que ben, outro éxito na presentación!
e ademáis qué nivel, con viño e todo,
iso sí son maneiras de facer as cousas!
caras coñecidas, e caras novas que pasan a ser coñecidas coma o do Sousas!
:-D

eu tamén me uno a curiosidade xeral suscitada polo tal fotógrafo

 
Ás 17:51, 15/02/10 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Por certo, roubeiche a foto, non hai problema, non?

Unha aperta

 
Ás 20:42, 15/02/10 , Blogger xenevra dixo...

Certamente as cousas boas fanse esperar e, aínda que non houbo galicola :(, vese que estivo xenial. E agora nós mort@s de envexa porque xa vos coñecedes... Iso si, quedastes sen libro (hehehe), e que estes homes cando se poñen falar!!! Eu aínda non o teño porque os que tiña regaleinos. acabo de traerlle un a unha amiga catalá que non puido ir á presentación a Barna. Non ahberá problema en conseguir máis e, senón, facemos un blog esixindo unha segunda edición xa!!
bicos de entroido

 
Ás 22:48, 18/02/10 , Blogger paideleo dixo...

Chousa da Alcandra: a lingua e a interrede logra estes case miragres.

meninheira: nada,unha tontería miña. É un fotógrafo profixsional de aspecto sudamericano que está en todas as celebracións, festas e eventos da zona e que o topei no cocido do Covelo o outro dá e este en Ponteareas e así varias veces.

Carlos Sousa: foi como foi. A ver se topas o libro por aí.

fonsilleda: o libro aclara alguns conceptos sobre a relación español-galego.

BRABIDO: o asunto do fotógrafo xa llo expliquei a meninheira.
Sorte coa busca dolibro.

zeltia: estivo ben o viño e os melindres. Eu non contaba con iso así que me gustou a sorpresa.

Carlos Sousa: xa sabes que non. Perde cuidado.

xenevra: estivo todo ben anque trouxeron poucos libros para vender, penso eu.
Eu teño un e o que pensaba mercar era para regalar.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio