leoeosseus

domingo, 16 de maio de 2010

Antes das Letras


Revisando fotos topei esta do Leíño co busto de Uxío Novoneyra en Lugo e penso que pode servir de homenaxe para a celebración de mañá.
E como o asunto vai de lingua quero regalar a palabra " tantaxe " que aprendín hoxe en Arbo. A tantaxe é unha herbiña que nace no medio do céspede e que serve para curar descomposicións de estómago.
Bó día das Letras !.

Etiquetas: ,

4 comentarios:

Ás 01:55, 17/05/10 , Blogger fonsilleda dixo...

Bo día para vos tamén.
Bicos o Leo

 
Ás 12:14, 17/05/10 , Blogger matrioska_verde dixo...

vai, pois quédache xenial hoxe esta foto.

nunca ouvira ese nome nin coñecía a planta.

bicos,

 
Ás 23:59, 17/05/10 , Blogger Dilaida dixo...

En galego ten moitos nomes, dependendo da zona: Chantán, chantaxe; corriola; chanta; chantasia e tantaxe.
O nome científico é :Plantago major L.
En castelán coñecese como: Llantén
Ten un feixe de propiedades curativas, nesta páxina:
http://www.botanical-online.com/medicinalsllanten.htm
Bicos

 
Ás 01:22, 19/05/10 , Anonymous Zeltia dixo...

bueno, eu polo sí, ou polo non, non me atrevería a tomala...
pero gústame coñecer os nomes das prantas, das árbores... e se me queda sitio no miolo, tamén as súas propiedades.

debía ir frío ese día que o Leo ten cara diso!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio