leoeosseus

martes, 29 de xuño de 2010

Outra noite máxica


Se na noite de san Xoán muitas cousas adquirían a facultade do movemento na de san Pedro aínda se moven máis.
Arriba están retratadas unhas macetas que descansan nun banco do adro da igrexa de Sela en Arbo. Non estaban soas que por alí había espallados carretillos, cancelas, escadas e outros ferraganchos.
Abaixo está retratado o palco de festas de Vide, As Neves; onde semella ter máis forza a capacidade de mobilidade das cancelas, dun carretillo e dunha chedeira dun carro.



Etiquetas:

5 comentarios:

Ás 02:00, 30/06/10 , Blogger Paz Zeltia dixo...

sí que hai trasnos por esa zona! e moi apegados ás tradicións e postos ó día no santoral! (que eu non me enterei nin de que fora o día de san pedro, vaia por dios, vaime pechar a porta o día que vaia knocking on heavens door

 
Ás 07:16, 30/06/10 , Blogger amauta dixo...

Habia tempo que non pasaba pola túa bitácora...
Agardo que todo vaia como é debido :)
Apertas!

 
Ás 08:56, 30/06/10 , Anonymous Anónimo dixo...

Cómpre que os cansos que pasen polo adro da igrexa teñan bon ollo cando senten.

 
Ás 10:55, 30/06/10 , Blogger fonsilleda dixo...

¿Haberá que pasarse por si andan por aí aqueles lentes meus?
Bicos

 
Ás 17:33, 01/07/10 , Blogger matrioska_verde dixo...

pois vaia que quedou ben lindiño o banco cos cactus... e un bodegón estupendo.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio