leoeosseus

domingo, 13 de xuño de 2010

Riso servido a domicilio



O outro día rin un pouco co esta chata no escrito en galego pero máis esaxerada é a chata do autodenominado rei " do " bricolaxe que reparte folletos coa portada e contraportada en galego e o interior en castelán e publicitaba un colchón sen " peiraos ". Como rin imaxinando iates e trasatlánticos navegando dentro do colchón no caso de que tivese peiraos !.





Etiquetas:

13 comentarios:

Ás 00:12, 14/06/10 , Blogger Dilaida dixo...

Pois ese colchón haberá que velo. Imaxínate que atraca un transatlántico cando estás a pasar un pouco o tempo coa túa parella ou facendo outras cousas.
Sabías aquel do profesor de colexio concertado de Ourense que elevaba os números ao caldeiro en vez de ao cubo?

 
Ás 03:23, 14/06/10 , Blogger An dixo...

Non sei nas outras linguas do estado, pero os comerciantes...na nosa non poñen coidado ningún. Saúdos e apertas. Non me esquezo diso :)Saúdos

 
Ás 09:33, 14/06/10 , Anonymous Falabarato dixo...

Se eses erros se cometesen en sentido inverso, desde outra lingua ao castelán, xa tiñamos leria!
Saúdos.

 
Ás 10:31, 14/06/10 , Blogger fonsilleda dixo...

Onde diaños atopas tales cousas?. Jajajajajajaja.
Imaxina que, polo peirao do colchón, voasen e pousásen tamén as gaivotas.
Bicos

 
Ás 13:00, 14/06/10 , Blogger Raposo dixo...

Normal que o colchón veña asi, e que con peiraos incluido custa unha pasta e non están os tempos como para gastar moito diñeiro!!!

 
Ás 13:32, 14/06/10 , Blogger vintxuca dixo...

Canto tempo sen aparecer por estes lares....e volvo e atopo o mundo o revés...colchóns sen peiraos.....Pensando ben, cando me fun o mundo xa estaba así jejejeje!!!!!! Saúdos dende a Corunha!

 
Ás 16:16, 14/06/10 , Anonymous F. Míguez dixo...

¡A iso se deben referir cando falan de "bilingüismo harmónico"! he he he.

 
Ás 16:28, 14/06/10 , Blogger Bolboreteira dixo...

Un colchón moi especial....non ten peiraos....nunca se vira tal cousa.
Apertas

 
Ás 18:56, 14/06/10 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Estes do colchón deben empregar o mesmo traductor que usan na Consellería de Cultura. Ese que falaba de "Desván de los monjes"...

 
Ás 21:32, 15/06/10 , Blogger busto.agolada dixo...

Eu vexo a situación desde o ángulo do humor. Se non cometesen estas grallas teriamos menos de que rir e de que falar.
Un colchón con peiraos ten que venderse só. Menudo negocio se nel se puidesen atracar iates ou simplemente barcos de pesca.
Moitas apertas

 
Ás 21:38, 15/06/10 , Anonymous Anónimo dixo...

Que conste que hai tempo lin no blog de Alema que aínda que non semelle correcto, bricolaxe é masculino en galego. Precisamente o vira en Bricoking e estivo buscando a ver se era correcto ou non. Como pode comprobarse no VOLGA, é masculino.

Por outro lado, o de peirao é grandioso :D

 
Ás 06:51, 16/06/10 , Anonymous náufrago dixo...

'O colchón sen peiraos'. Velaí un fermoso título para un libro infantil.

 
Ás 13:11, 17/06/10 , Blogger paideleo dixo...

Dilaida: eu pensei que sería de auga anque sen peiraos non a precisa para nada.
O dos números elevados ao caldeiro tíñao escuitado pero non o tiña situado.
An: supoño que o farán igual coas demáis.
Non hai apuro polo premio, tranqui.
Falabarato: non creas que levanta guerras o asunto. Mira ti as instrucións dos aparellos electrónicos vidos de terras lonxanas !.
fonsilleda: pois tráenmo a domicilio,ao meu buzón.
Eu sabía de ácaros e demáis fauna microscópica habitando nos nosos colchóns pero o das gaivotas xa me parece demasiado anque non imposible.
Raposo: foi todo o detalle por parte do fabricante que temos que agradecer todos, estás certo.
vintxuca: este mundo non ten solución de tan atrapallado que o temos.
Benvida ao mundo virtual !.
F. Míguez: bilingüismo non que é trilingüismo. Non te fixaches no "caprice", "luxe",etc.
Bolboreteira: se hoxendía inventan cousas rarísimas. Eu estaba acostumado ao meu cheo de peiraos,guindastres, faros e piratas. Tamén hai noites afortunadas que hai maremotos e todo.
Haberá que afacerse a un colchón aburrido sen peiraos !.
Chousa da Alcandra: todos temos dúbidas coas palabras pero se tés un pouco de profesionalidade tratas de informarte.
Eu busquei (Diccionario crítico de dúbidas e erros da lingua galega. Ediciós do Castro 1992)e no galego está admitido o castelanismo de uso "muelle" que en portugués é "mola" e en galego sería "mol" ou "resorte".
busto.agolada: por suposto que hai que rir como cando rin polo noso falar ou o noso sotaque.
Mágoa que este veña sen peiraos !.
fotosderianxo: non sei. Eu quedei coa copla aquela de que en galego as palabras rematadas en -axe son femininas menos "paxe, traxe e garaxe". Consultei no Diccionario crítico de dúbidas e erros da lingua galega e di que bricolaxe é feminino. Anque diso hai case vinte anos e puido mudar a normativa.
náufrago: ou para unha comedia teatral sobre a relación entre castelán e galego falantes.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio