leoeosseus

luns, 26 de xullo de 2010

De camping








Estivemos de cámping esta fin de semana por terras do Grove. No cámping estivemos ben e tiñamos uns veciños asturianos que nos ofrecían de todo: "martillu", "silles", microondas, etc. A tenda aguantou ben o aire das noites pero tardamos máis de dous minutos en montala e aínda máis en desmontala. Temos que aprender no vídeo. O Leo pasouno ben coas lanternas e os monecos e entrando e saíndo da tenda. Na praia estabamos ben andando polas rochas ou buscando pedras de area pero a auga cortaba do fría que estaba.
Creo que temos que repetir !.

Etiquetas:

6 comentarios:

Ás 08:38, 27/07/10 , Blogger Dilaida dixo...

Pois, a repetir a próxima semana que din que vai vir bo tempo.
Bicos

 
Ás 13:24, 27/07/10 , Blogger Bolboreteira dixo...

A min encántame ir de camping e de pequena ia cos meus pais e uns amigos e é un dos máis fermosos recordos que teño das vacacións na nenez.
Bicos

 
Ás 16:21, 27/07/10 , Blogger matrioska_verde dixo...

para os rapaces o cámping é a liberdade, supoño, unha experiencia como de conto de aventuras.

biquiños,

 
Ás 18:39, 27/07/10 , Blogger busto.agolada dixo...

Se é para volver á rúa da Ledicia, non o dubides. A felicidade do Leo e a vosa está garantida. Que o pasedes ben. Por culpa do tempo non vai ser.
Apertas

 
Ás 00:38, 28/07/10 , Blogger Eva G. Rei dixo...

Vale, pois a ver se a próxima repetides con nós.

 
Ás 00:45, 29/07/10 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Eu fun moito de camping co meu fillo cando era neno.
Entón practicabamos a acampada libre que estaba permitida nalgúns sitios, ou alomenos facían a vista gorda. Así que colliamos leña, prendiamos lume á noite, e asabamos chourizos nel.
Aquelas aventuras nunca as esqueceu. Agora que ten edade para ter os seus propios fillos dí que "ir de camping non é o mesmo"
:)


é bonito saber que deixas unha impronta nos mellores recordos da infancia do teu fillo, va que si?

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio