leoeosseus

venres, 2 de xullo de 2010

Persoas coma libros


A biblioteca de Vilaguindastre fai unha exposición de fotos co lema " O pracer de ler " e hai verdadeiras marabillas. Este asunto fíxome lembrar a homenaxe que lle fan no concello veciño aos represaliados da guerra civil. Como ves na foto, hai unha estatua dunha muller cun libro aberto nas mans e un feixe de libros apillados cos nomes dos represaliados no canto do libro.
Pareceume unha fermosa homenaxe; a vida dunha persoa tratada coma un libro que temos que conservar e ler.
Que non se amplíe esta biblioteca !.

Etiquetas:

6 comentarios:

Ás 12:13, 03/07/10 , Anonymous Xabres da Teixeira dixo...

¡Que non se amplie esa biblioteca!
Mais que si se amplie a de Vilaguindastre. Agora que xa se lee moito na rede, haberá que tentar que non esmoreza o libriño clásico. Polo menos para min é unha verdadeira ledicia, lelo, apilalo e manosealo.
Apertas.

 
Ás 13:14, 03/07/10 , Blogger Paz Zeltia dixo...

A memoria que deixamos de nós, e o último rastro da vida que temos.
Qué menos merece ninguén que conservar a súa memoria!!!

 
Ás 00:01, 04/07/10 , Anonymous orso dixo...

Si señor!!!
Estou con Zeltia.

 
Ás 11:33, 04/07/10 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Sí señor, é unha boa iconografía que resume moi ben a idea que pretende transmitir.

 
Ás 22:09, 04/07/10 , Blogger Mer dixo...

pois sí, mellor que esa biblioteca non se amplíe, aínda que é unha moi fermosa maneira de recordar a unha persoa

 
Ás 23:47, 08/07/10 , Blogger matrioska_verde dixo...

é que é unha fermosa homenaxe.
unha estatua ben bonita.
bicos,

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio