leoeosseus

martes, 9 de novembro de 2010

Coellas e verzas


Chove e esta chuvia alimenta a natureza. Van arriba as humildes coellas ( verba que cría non existía nos diccionarios ) e transfórmanse nas xigantes verzas.
Bo tempo para comer quente e probar as primeiras zarrotas !.



Etiquetas: ,

13 comentarios:

Ás 12:31, 09/11/10 , Blogger Unknown dixo...

As verzas, son para os animais, non?
Nisto ando un naquiño perdida,jejeje

E o das zarrotas, tiven que ver o qu eran. Despois de saber que son setas, podoche decir que encantanme. E teño pena de non saber collerlas.

Bicos

 
Ás 13:44, 09/11/10 , Blogger Paz Zeltia dixo...

outra palabra nova para min: coellas
para mín son verzas todas [e coles]

¿viches que o enlace que nos leva ás zarrotas é xusto de hai un ano?. Claro, tampouco ten tanto misterio,
estamos no tempo

[dicíache o ano pasado que pena que nas comesen cando a postguerra que pasaban tanta fame, segundo me contaron os meus maiores]

 
Ás 14:29, 09/11/10 , Blogger Dilaida dixo...

Coellas tamén lles chamamos por aquí en vez de zarrotas, dicimos zarrotes.
Bicos

 
Ás 15:25, 09/11/10 , Blogger Alís dixo...

Tampouco coñecía a palabra coellas, salvo para chamar ás femias dos coellos, claro.
Estame dando moita envexa ver os blogs dos galegos, que nestes tempos falades de cogumelos (ou zarrotas), castañas, xa pronto de cocidos... Ay, canto hai que aguantar!

Bicos

 
Ás 16:12, 09/11/10 , Blogger fonsilleda dixo...

Non coñecía o termo de zarrota para min eran cogomelos (ou cogumelos?).
Verzas de sempre.
Bicos.

 
Ás 20:48, 09/11/10 , Blogger xenevra dixo...

Uns recollen as verzas; outros recollemos as túas/nosas palabras.

 
Ás 23:20, 09/11/10 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Que chove? non digas tal!!

:-)

 
Ás 01:12, 10/11/10 , Blogger Mario dixo...

Pois mira que teño eu pouca cultura rural e esta foto aínda me lembra ás hortiñas que cando eu era pequeno resistían nos arrabaldos de Ferrol. Agora xa non debe quedar nin unha. Boa sorte coas zarrotas.

 
Ás 09:11, 10/11/10 , Anonymous FERNANDO SANCHO dixo...

Bos días!
Eu teño un pequeno huerto e alí tamén planto algunhas cousiñas.
Non sabía o das coellas,eu tamén lles chamo verzas.
Grazas

 
Ás 09:20, 10/11/10 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Eu sempre teño dúbidas sobre o nome, sobretodo porque o compañeiro chámalle grelos só aos de Santiago e eu tamén llo chamo ao nabicol (é a 1ª foto, non?).
E despois tamén se ri de min porque el chámalle verza ao que eu digo verdura de col (foto 2).
Falando de zarrotas, a ver cando nos dás unha clase e nos aprendes o que sabía Dositeo! Hai que por día e hora.

 
Ás 11:36, 10/11/10 , Blogger fgul dixo...

hahahaha!!! Na miña zona Noia-Lousame... non hai dúbida: Son Coles!!

...e por certo... aínda que agora soense empregar para alimentar os porcos e galiñas... miña nai lembra, nos anos da fame, que se escollían as follas máis tenras (a do interior da planta) para facer o caldo.

 
Ás 12:00, 10/11/10 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

El otro día compre una pequeña revista de la federación galega de micoloxía con el titulo de tarrelos, sorprendida busque el diccionario este nuevo nombre para las setas pero comprobé que solo tiene que ver con las setas su significado- Tarrelo, bajo, retaco, de escasa altura
Bicos
Avoa Cris

 
Ás 21:33, 10/11/10 , Blogger matrioska_verde dixo...

Vaia, eu penséis que coellas quería decir Conejas. ¡Que cousas!
Biquiños,

Maravilla de loaira e de foto; semilla para un concurso. Pero o mellor de todo seguro foi a boa compaña.

Biquiños,

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio