leoeosseus

domingo, 7 de novembro de 2010

En diferido


Onte sufrín no corazón por non estar en Santiago pero para solucionar esta perda hoxe adquirín a revista Retranca onde me falan da visita en diferido de Bieito XVI. Tiven a grandísima sorte de poder ler esta revista despóis do que pasou cun periodista e do que pasou coa propia revista Retranca, que probou a diferenza de trato recibido respecto doutras publicacións e que,a pesar de todo, leva o asunto con retranca da boa.
E agora todo volve á normalidade.

Etiquetas:

10 comentarios:

Ás 22:15, 07/11/10 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Xa vexo que es fan da revista.
(fun ler o enlace, queren ir todos para o inferno!)

 
Ás 22:18, 07/11/10 , Blogger paideleo dixo...

zeltia: fan non son que me falta o número un e aínda non merquei a camisola.
Encántame e teño envexa de non saber escribir e debuxar coma muitos dos que colaboran na revista.

 
Ás 23:04, 07/11/10 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

Veulles ben esa negativa dunha imprenta. Agora son masi coñecidos. Haberá que botar unha man.

 
Ás 23:26, 07/11/10 , Blogger Dilaida dixo...

A ver se polo menos de toda esta vergoña e grazas a iso a Retranca consegue un grande éxito.
Bicos

 
Ás 00:33, 08/11/10 , Blogger Alís dixo...

Os que censuran mal saben que ás veces estanlle a facer un favor ós censurados. É unha especie de "xustiza divina"

Bicos

 
Ás 13:25, 08/11/10 , Blogger Unknown dixo...

Si non fora por gastar tantos cartos nos libros que leo, Retranca sería do meu gusto. Mais penso algunha vez comprarla, mais agora co curso de galego, estou cmprando libros e todo que encontro nesta lingua tan bonita.

Bicos e perdoa os errores, que sei que me queda moito, jejej

 
Ás 13:45, 08/11/10 , Blogger Bolboreteira dixo...

Terei que buscar a revista...creo que tamén vai ser do meu gusto.
Saúdos!

 
Ás 13:57, 08/11/10 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

Eu non lin este número aínda, pero creo que pasarei polo quiosco...
Teño gana de rir un rato, porque esta revista é retranqueira dabondo.

Bicos.

 
Ás 14:14, 08/11/10 , Blogger fonsilleda dixo...

Pois eso, hai que levalo con retranca, como fai a revista, que é ben util as veces.
Con esa portada haberá noxo de mais de un...
Bicos.

 
Ás 12:00, 09/11/10 , Blogger rui dixo...

Na casa tamén somos lectores da Retranca. Agora máis que nunca.

Eu si que fun a Santiago o sábado... pero a traballar!

Un saúdo

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio