leoeosseus

xoves, 25 de novembro de 2010

Quedei espichado


Hoxe espertei tarde e cheguei cinco minutos tarde ao traballo. Non sei como foi. Supoño que non puxen o espertador e espertei cando me cadrou e iso que durmira un chisco con Leo despóis de contarlle os tres contos de rigor e logo fun para cama sen navegar pola interrede nin nada.
É raro que quede espichado na cama. Lembro unha vez hai muitos anos que apaguei o espertador e oín claramente unha voz que me dicía: " Durme tranquilo que xa te esperto eu ". Apaguei a luz e o espertador e deiteime pero pensei: " Quen falou comigo ? ". Prendín a luz e por suposto que non había ninguén. Erguinme e cheguei a tempo ao traballo pero hoxe non foi o caso. Que lle imos facer ?.
E como non só vai ser falar de min quero lembrar que hoxe é o día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres e aprendín a orixe desta efeméride gracias a acuática.
Vou pedir un imposible pero dáme igual: que non se repita.

Etiquetas: ,

11 comentarios:

Ás 21:33, 25/11/10 , Blogger fonsilleda dixo...

Eu pedín o mesmo hoxe na concentración. E supoño que todos os que estabamos alí.
Únome: ¡Que non se repita!.
Biquiños e gracias en nome das mulleres.

 
Ás 21:36, 25/11/10 , Blogger Unknown dixo...

Eu no pode espertar sola, ni co espertador, é o meu marido que me da un empuxón,jeje

Ti dis que nos se repita os malos tratos, mais tes razón é imposible. So podemos esperar que a sociedade cambie e moito!

Bicos

 
Ás 21:52, 25/11/10 , Blogger Alís dixo...

Que non se repita. Non deixemos de pedilo por máis que pensemos que non sirva. E eduquemos ós nosos fillos para que pensen igual. Se cadra, nunhas xeracións máis acabamos con esta lacra.

Bicos

PD. A palabra de verificación é siestiop, que se me parece moito a siesta... como falabas de durmir...

 
Ás 22:10, 25/11/10 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Eu, que tamén cheguei tarde á canteira algunha vez, únome a ti nesa petición que debería ser unha esixencia unánime.
Apertas

 
Ás 22:34, 25/11/10 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Quedo sorprendida con iso de que chegaches tarde cinco minutos
e unha vez ou duas?
jajaja
a tí alguen dixoche que durmiras que xa te espertaría?
pois eu, case cada día, soño que apago o despertado, que me levanto, que vou ao baño, que almorzo... e claro, reláxome. Nun momento dado esperto e vexo que nada era certo que estaba durmindo na cama...

respecto do dia internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, habería tanto que dicir, que non sei por onde empezar...

 
Ás 23:01, 25/11/10 , Blogger Dilaida dixo...

Que os teus desexos se fagan realidade.
O de espertar vaise curando cos anos, eu sempre fun moi durmiñona, pero coa idade xa non fai falta que soe o espertador.
Bicos

 
Ás 19:52, 26/11/10 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

Unha declaración:
Son enemigo da pena de morte.Nembargantes, se de min dependera, no caso dos maltratos, coido que non teria dúbida en que se aplicase o de "ollo por ollo dente por dente".
As concentraciós de onte foron pequenas e os medios déronlle pouca "cancha". Pena.

 
Ás 21:11, 26/11/10 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

¡Ola familia! Querido Pedro cando se deita un cedo, cando non se entretén un co computador, cando se supón que se durmiu ben, Por que será que se dorme máis? E é que a cama tamén cansa e máis cando se é novo
Un abrazo
Avoa Cris

 
Ás 21:47, 26/11/10 , Blogger matrioska_verde dixo...

A mín sempre me costa moito levantarme, son moi dormilona. Odio o espertador. Bicos e boa fin de semana.

 
Ás 13:12, 27/11/10 , Anonymous Anónimo dixo...

A min pasoume algunha vez, e o peor sempre é o sobresalto de descubrir que non é a hora que debía ser.
Non me fío dos despertadores eléctricos, xa que pola noite pode que se vaia a luz. O meu é de pila, e está demostrado que aguanta polo menos 1 ano, así que sempre a cambio en xaneiro.

 
Ás 18:53, 27/11/10 , Anonymous A NENA DO PARAUGAS dixo...

Durmir é boa cousa, pero non se pode durmir nos loureiros, menos cando o que se xoga é a integridade. Polo do traballo non hai caso: os papeis agardan e mesmo as persoas, aínda que mentres non se chegue se enrabeen e confundan.

Outra cousa xa é tratar mal á xente. Iso é imperdoable e nunca é suficiente o tempo que se adica a denuncialo.

Bicos. Tamén para Leo.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio