leoeosseus

sábado, 8 de xaneiro de 2011

Empezan as rebaixas


Remataron as festas e comezan as rebaixas. Búscanse por todas partes ofertas e gangas e atopas cousas curiosas coma este logo que non sei se terá mensaxe escondida.
Ata o Leíño sabe que o A non ten puntiño e aínda menos dous coma cabezas !.

Etiquetas:

10 comentarios:

Ás 12:22, 09/01/11 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Chámanme poderosamente a atención as avalanchas de xente por entrar nos recintos rebaixados (incluso medio en pelotas!); cando -normalmente- o que se desexa é poder sair...

Boeno, que merques ben!. Apertas

 
Ás 13:30, 09/01/11 , Blogger fonsilleda dixo...

Tes razon, teño que ire de gangas...
O logo é ben curioso. Semella ter significados ocultos.
Apertas.

 
Ás 16:09, 09/01/11 , Anonymous FERNANDO SANCHO dixo...

O mellor os dous puntiños son para que nos fixemos máis. A saber o que pensaron os do marketing e todo iso. Ainda non fun as rebaixas, o certo e que non che me gustan nada as aglomeracións, demasiada xente.
Un saúdo.

 
Ás 23:27, 09/01/11 , Blogger Maribel-bel dixo...

É unha marca de roupa e a A cos puntiños é o logotipo, rockera e xoven, xa sabes apura para mercar a cazadora que se termina axiña. Un bico

 
Ás 00:30, 10/01/11 , Blogger An dixo...

Se che digo o que vexo nese logo de seguro que me crees...Penso que esta feito moi a posta. Apertas meu

 
Ás 09:02, 10/01/11 , Blogger Dilaida dixo...

Non teño pensado meterme nese barullo, mellor repito traxe, non estamos para tirar os cartos, claro que se todos pensasen coma min, os comercios tiñan que cerrar, polo tanto é bo que existan tant@s seguidores.
Bicos

 
Ás 09:47, 10/01/11 , Blogger Alís dixo...

O comentario de An fíxome volver a mirar o logo con ollos "sucios" e atopei algo, sen moito esforzo. Pero ti xa o viches, porque xa sabes que os puntos son cabezas...!

Evito os centros comerciais incluso (ou especialmente) en rebaixas. E iso que non me viña mal renovar o meu vestuario

Bicos

PD. Direiche por qué a túa nova me fixo sorrir, pero mellos espero seis semanas. Para non chamar á mala sorte

 
Ás 12:14, 10/01/11 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Ah! que é un A, dis?


Fun moi consumista e teño vivido isto das rebaixas,
pero agora a preguiza é superior ao meu afán de atopar gangas.

O que me deixa a cavilar sospeitosamente é a mensaxe de Alis...

 
Ás 17:20, 10/01/11 , Blogger Merce dixo...

Onde se poña unha fermosa paixase que se quiten do medio todos os centros comerciais do mundo! aborrezco entrar neles, ainda que non me queda mais remedio que cando teño que comprar o que preciso...

Bicos!!!

P.D. gracias a ti por compartires eses intres tan especiais, sempre nos transmiten ledicia a quenes te seguimos :)

 
Ás 12:58, 14/01/11 , Blogger rui dixo...

Penso que é enfermidade miña, dende que lin o de cabezas xa non son quen de miralo como un A con puntos.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio