leoeosseus

domingo, 27 de febreiro de 2011

Cincuenta e tres meses


Aí está o Leo facendo o pallaso para a cámara. Leva uns días cheo de vitalidade anque con momentos que lle " doe " a barriga para non andar e que o leve a carranchas.
Segue progresando coas letras e os números e gústalle xogar a que é profesor. De saúde está ben anque a semana pasada pasou toda unha noite trousando fóra e foi a primeira vez que trousou na súa vida. Segue falando só para xogar ( non sei a que idade pode rematar este fenómeno ) e aínda está mui presente o seu amigo imaxinario Jónistan que semella ser unha mistura súa e de Noé, un compañeiriño de cole.
Empeza a asimilar que vén unha irmanciña e así ten conversas simpáticas como a do outro día. Estaba eu barbeándome e díxome Leo: " Era millor ser muller para non afeitarse ". Eu díxenlle: " Si, pero ser muller tamén é difícil. Teñen que traer nenos e dá muito traballo levalos na barriga e despóis". O Leo dime: " Pero a nosa muller non vai ter máis fillos". Eu sorprendinme: " A nosa muller ? . E quen é ? ". E Leo todo cheo soltoume: " Ana ".
E hoxe xa explicou que non ía ter máis fillos, só fillas. Non hai quen lle retruque.

Etiquetas:

11 comentarios:

Ás 22:37, 27/02/11 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Non empregamos moito o verbo "trousar" por esta Terra do Medio; de feito tiven que ir ó diccionario para confirmar o que o contexto me indicaba.

Coidade moito á vosa muller jajaja. Estivo moi atinado o Leo nesa xogada.

Apertas

 
Ás 00:45, 28/02/11 , Anonymous Anónimo dixo...

Que grande está este cativo xa. A miña trousou o primeiro ano tanto que xa trousou abondo para o resto da vida.
Tampouco por aquí se di trousar.
Todos esperamos contentos esa meniña.

 
Ás 14:01, 28/02/11 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Elogo ti que pensabas? Que a muller era só túa? ... Inocente...
Que se poña bo e non trouse máis. Mira que ser a primeira vez! Iso é unha sorte. Xesús trousou dende os cinco meses ata o ano e medio. Era coma unha fonte; cando comezaba non paraba máis. Uxía, como foi máis lambona, non vomitaba nunca. Ghardaba todo o que comía.

 
Ás 21:21, 28/02/11 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

¡Vaiche crecido ho! Xa é un mozo de ferro.
Aprendín unha nova berba. Gracias
Apertas.

 
Ás 21:28, 28/02/11 , Blogger mfc dixo...

Então o Leo vai ter uma irmã?!
Muitos parabéns a todos!

 
Ás 02:29, 01/03/11 , Blogger Paz Zeltia dixo...

trousar! non escoitara tal.
gústame moito esta foto do leo! que grande vai e como razoa, viches? o da vosa muller é unha anécdota para contar cando sexa adolescente diante dos amigos e que morra de vergoña jajaja

Estes posts das conversas túas co Leo encántanme!

 
Ás 15:16, 01/03/11 , Blogger A Conxurada dixo...

é un artista o teu neno.

 
Ás 17:33, 01/03/11 , Blogger Iria Veterinaria dixo...

Que ricura de rapaz :)

 
Ás 23:19, 01/03/11 , Blogger Dilaida dixo...

Leo está moi fermoso e que ben razoa.
Bicos

 
Ás 22:40, 10/03/11 , Blogger Os Tartarouchos dixo...

Non sei se me liches o pensamento, cando comentaches á mañá no meu blogue eu acababa de darme un paseo por aquí, pero sempre me pasa igual, teño que cambiar de contas para comentar e o comentario queda na cabeciña.
O leo está ghuapo e grande. :)

 
Ás 11:56, 11/03/11 , Anonymous peke dixo...

O Leo está ben fermosote, pero iso da vosa muller... Ha! Coidádea moito, si?

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio