leoeosseus

venres, 11 de febreiro de 2011

Na estacada


Estamos en tempada de pesca de lamprea e fun convidado por un compañeiro de traballo a ver como fan para pescala desde unha estacada no río Tea.
A estacada é unha especie de pasarela no medio do río. Hai un número de estacadas cunha posición fixa no río Tea que entran en sorteo da Xunta. Por cada estacada hai catro persoas coa súa " fisga " correspondente. A " fisga " é un vareiro duns seis metros cunha serie de anzós extraibles na punta. A lamprea non morre cando a espetan e a ferida fecha no momento meténdoa en auga outra vez e xa teñen un cesto con auga para este cometido.


A lamprea péscase de noite. Os homes están ao axexo na estacada coa "fisga" a man esperando que a lamprea suba zigzagueando polo fundo do río. As luces potentes axudan a distinguila e así pode espetarse cando pase. Á lamprea non lle gusta a luz, queda quieta un momento e logo tratará de esquivala ou pasar o máis rápido posible.
Iso se hai sorte porque esta noite pasada foi desastrosa: só pescaron unha ( a da foto ) e outra escapou. Cando escapa unha avísase a berros á seguinte estacada río arriba que está a uns cen metros.
O compañeiro díxome que había que esperar a unha noite de muita chuvia para que mova a auga do río. Xa se sabe iso de " a río revolto, gañancia de pescadores ".
Polo resto dicir que fai muito frío e que acaba un canso de mirar fixamente a auga e o único becho que mirei foron unhas cabras ceghas.
Se queres saber algo máis podes ler aquí outro blogo da zona falando disto.

Etiquetas:

9 comentarios:

Ás 14:28, 11/02/11 , Blogger Dilaida dixo...

Está ben aprender algo de vez en cando, así tes unha nova experiencia.
Bicos

 
Ás 15:39, 11/02/11 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

A pesca é un arte que precisa moita paciencia. E mirar para quen pesca...moita máis!!!
Eu da pesca da lamprea so entendo algo cando é pillala no prato.

Apertas

 
Ás 18:15, 11/02/11 , Blogger mfc dixo...

Hummm... que manjar dos deuses!!
E estamos no tempo dela!

 
Ás 03:12, 12/02/11 , Blogger Paz Zeltia dixo...

claro, como non has saber despois nomes e maneiras,
apúntaste a todas!

[eu nunca a probei, e dame así algo de noxo, pero todos ma-tán por comela, así que estarei perdendo un manxa esquisito e eu aquí]

 
Ás 11:47, 12/02/11 , Blogger fonsilleda dixo...

Na casa de unha amiga miña tiña pescos nos que caían as coitadiñas.
Interesante como o fan no Tea, ainda que levas razón, que friaxe.
Bicos.

 
Ás 14:38, 12/02/11 , Blogger eli dixo...

Este comentario foi eliminado polo autor.

 
Ás 14:40, 12/02/11 , Blogger LM dixo...

Deus! Que santa paciencia! Pensei que era mais fácil pescalas...
Sabes que na miña zona tamén se di cabras ceghas?
Un pracer, como sempre, vir por aquí.
Beixos

 
Ás 20:21, 12/02/11 , Blogger Mer dixo...

pois precisamente hai pouco que vin unha reportaxe sobre isto, pensaba que se facía doutro xeito, non sei como pero distinto. O único que saquei en claro é que teño ganas de probalo, que aínda que teño ido bastante por Arbo, non na época da lamprea.

 
Ás 12:00, 14/02/11 , Anonymous peke dixo...

Moi interesante. Non tiña nin idea de como as pescaban.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio