leoeosseus

sábado, 9 de xullo de 2011

Graciñas



Queremos agradecer a todos os vosos comentarios de felicitacións.

Tamén quero dicir que o blogo non cambia de nome nin nada en especial porque segue sendo Leo " e os seus ". Cambiarei agora a descrición da imaxe e pouco máis.

E por aquí seguimos medrando todos anque non o percibamos. Xela supoño que medrará co impo ou faluco que ten ás veces e o que dorme que iso é medrío, seica.

Un saúdo e graciñas outra vez.

Etiquetas:

6 comentarios:

Ás 11:06, 09/07/11 , Anonymous Anónimo dixo...

Parece que non chora moito a meniña, e que é durmiñona. Ánimo cos cueiros e as tomas, e a deixala medrar.

 
Ás 23:05, 09/07/11 , Blogger mfc dixo...

Pois... já estava á espera!
Agora há mais um elemento na família!

 
Ás 06:39, 11/07/11 , Anonymous F. Míguez dixo...

Carafio, uns días sen pasar por aquí e... ¡cantas novidades!
¡Parabéns á familia do Leo!

 
Ás 08:03, 11/07/11 , Blogger Carlos Sousa dixo...

E o tempo pasa... Moitos parabéns dun amigo da rede.
Agora toca voltar a empezar cos cueiros e todo o que conleva criar unha criatura. Moi fermoso.

Un saúdo

 
Ás 10:08, 11/07/11 , Blogger Paz Zeltia dixo...

pois xa pensara eu niso do nome, e as miñas dubidas non ían sobre Leoeosseus, se non sobre "Paideleo", que inda que o sigues sendo jajaja, vanche vir as da equipa da igualdade!

lembrachesme o conto aquel do pai o fillo e o burro, non sei polo que

un gusto ver como medra a familia e o blog!

 
Ás 12:04, 11/07/11 , Blogger matrioska_verde dixo...

non hai de qué.

biquiños,

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio