leoeosseus

sábado, 3 de setembro de 2011

Maxia




De todos é sabido que a necesidade agudiza o inxenio e así pasou este conto.


Un enxeñeiro da empresa que fabrica os Uro ( únicos veículos verdadeiramente galegos ) sentía mágoa de seus pais e outros maiores que coñecía que non tiñan carné de conducir e tiñan que ir ás verbenas á chuvia. Que fixo este enxeñeiro ?. Pois creou un veículo pechado para xente sen permiso de condución. Levou o proxecto a varios empresarios e só houbo un que se comprometeu a realizar o proxecto. Iso si, o veículo non podería chamarse Maxia como quería o enxeñeiro que non ía vender nin o primeiro cun nome en galego, ese dialecto que non vale para nada; así que o enxeñeiro puxo o nome en galego raro, deulle a volta ao pensado e puxo o nome máis comercial, molón, chupiguai e fashion da historia e quedou como Aixam que, seica, é máis moderno e soa millor.

Etiquetas:

12 comentarios:

Ás 10:40, 03/09/11 , Blogger pitima dixo...

Pois nada, haberá que ter coidado nas noite que haxa verbena e saian os maiores sen carné no seu Aixam..

Boa historia. Moi interesante.

 
Ás 12:15, 03/09/11 , Blogger paideleo dixo...

Quero lembrar aos comentaristas que este posteo é un conto.
Decateime de que Aixam ao rivés é maxia e dalí tirei este conto que podería ser ben certo !.

 
Ás 19:39, 03/09/11 , Blogger mfc dixo...

Ehehehehehe... infelizmente estás a dizer uma grande verdade!!
Santos da casa não fazem milagres!

 
Ás 19:49, 03/09/11 , Anonymous Anónimo dixo...

Non dou entendido como non hai máis desgrazas con eses chismes circulando por aí conducidos por esas eminencias sen carné. Sorte que nin uns corren nin os outros queren corren, senón serían armamento letal.
O conto é enxeñoso,lembroume un vello comercio de Lugo que se chamaba ZENITRAM, xa desaparecido.

 
Ás 20:44, 03/09/11 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Que nunca falte o inxenio para poder facer maxia!

 
Ás 19:19, 04/09/11 , Blogger matrioska_verde dixo...

votáchelle imaxinación e quedouche moi ben.

biquiños,

 
Ás 20:37, 04/09/11 , Anonymous peke dixo...

Pois eu tragueino como verdadeiro. Se non é vero é ven trovato. E si, póñome a tremer cando vexo algún: andan coma tolos.

 
Ás 21:49, 04/09/11 , Anonymous Mr Tichborne dixo...

Algo que ver co Seat "Arosa"??
Maxia é que eses fedellos anden, aínda que sexa amodo.

 
Ás 22:59, 04/09/11 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Nem precisou pensar muito. Foi só colocar Maxia em frente do espelho...
Um abraço e tudo de bom

 
Ás 14:03, 05/09/11 , Blogger Paz Zeltia dixo...

:-)
pois podería ser certo.

aí estás tí, metendo o dedo no ollo.
moi ben.

 
Ás 20:18, 07/09/11 , Blogger Paz Zeltia dixo...

déixoche un premio (digo, un meme), se queres seguilo
(creo que xa vin por aí outros blogs que cho deron tamén)

 
Ás 08:08, 08/09/11 , Anonymous F. Míguez dixo...

Ese enxeñeiro era dos bos, dos que traballan para solucionarlle os problemas á xente, como ten que ser :D
Apertas.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio