leoeosseus

luns, 24 de outubro de 2011

Cuarto mes



E aí está Xela !. Sorrí cando lle sorrís e quere erguerse e mirar o mundo. Agora empeza a xogar cos seus pés e non hai millor xogo para ela. Non para un momento nin para comer. Cando ten sono ponse pesada e mete o polegar esquerdo para durmir. A pediatra dixo que non é problema durante o primeiro ano. Como non para durante o día, na noite dorme bastante.

Etiquetas:

13 comentarios:

Ás 23:54, 24/10/11 , Anonymous Anónimo dixo...

A ver, que se pode dicir diante desta preciosidade? Está lindísima!

 
Ás 00:01, 25/10/11 , Blogger Dilaida dixo...

Xela é moi bonita, parécese ao seu irmán Leo. Está preciosa.
Bicos

 
Ás 10:50, 25/10/11 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

¡Menudos ollazos!
Eu cando sexa vello, qero unha como ela!
Apertas

 
Ás 17:17, 25/10/11 , Blogger Mer dixo...

qué ollos!!! qué expresivos!! e cómo se parece ao Leo!!!
parabéns por esta ledicia

 
Ás 18:52, 25/10/11 , Blogger Raposo dixo...

Que fermosa, parabens!!!

 
Ás 19:21, 25/10/11 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Na foto sae bonita, pero en vivo aínda é máis preciosa; dou fe!
E por riba ri coma unha condenada...
É unha bendición!
Que siga así, e o Leo tamén.

 
Ás 21:56, 25/10/11 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Con esa cariña tan bonita e chea de chispa nos ollos, á que da gusto chegar á casa?

Apertas

 
Ás 22:13, 25/10/11 , Blogger mfc dixo...

Está bem bonita!
Ahhh... e tem a tua boca!!
Já to tinham dito??

 
Ás 00:25, 26/10/11 , Blogger xenevra dixo...

Pois si que levo tempo perdida!!! Catro mesiños xa!!! É preciosa e todo un mundo aberto nos ollos.
Noraboa con moito retraso.

 
Ás 14:56, 26/10/11 , Blogger Paz Zeltia dixo...

como medrou!
eu teño unha primiña desa edade, asi que podo ver os progresos, porque dos do meu fillo xa non me lembro;
inda que do sorriso sí, do verdadeiro sorriso, non desas muequiñas que son como sorrisos pero non o son.
lembrome diso e da primeira vez que botou a andar soíño.

felicidades papá, tes unha nena sana e bonita.

 
Ás 20:12, 26/10/11 , Blogger Peke dixo...

Xa che dixeron de todo, así que... que me queda a min? A nena é unha cucada e parece sa. Que máis se pode pedir?

 
Ás 08:44, 27/10/11 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

Son tan sorprendentes que nos deixan sen fala! Está preciosa.

Bicos. Para Leo, o irmán desta xoia.

 
Ás 10:08, 02/11/11 , Blogger matrioska_verde dixo...

esta ben bonitiña!

biquiños,

¡que medo as arañas da cabaza!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio