leoeosseus

sábado, 8 de outubro de 2011

Expresións e Cangas



O outro día fomos a Vigo facer unha xestión que nos saiu ben e lembrei o que se di no caso oposto: cando vas facer algo a propósito a Vigo ou calquera sitio e non o dás feito. Por aquí dicimos " ir a Vigo por ver Cangas ". Outra frase que dicimos coa palabra Cangas é " vai chorar a Cangas " que significa que podes pedir o que queiras que non se che vai conceder.

Entroume a curiosidade por saber máis destas frases e preguntei a Google en galego e mandoume á ligazón dun libriño de fraseoloxía de Matamá onde topei estas frases e outras cousas simpáticas ou curiosas como as que poño neste resume tal como vén numerado no libro:

- 4. a cara de can: pagando cada un o seu.

- 43. botar a vida dun can: tardar moito tempo nalgún sitio ou en facer algunha cousa.

- 59. cagar o can diante: malograrse algo que se tiña previsto.

- 117. empreñar de vento: crer todo o que lle din.

- 153. mirar para dentro: durmir.

- 158. mollar o ollo: chorar.

- 180. tío de América: a menstruación.

Podes curiosear máis frases e expresións na ligazón esta.

A foto é de Cangas en sepia no ano 2005 e está feita por min.

Etiquetas:

12 comentarios:

Ás 10:33, 08/10/11 , Blogger Ana Cosque dixo...

Moi bonita foto!

 
Ás 13:41, 08/10/11 , Blogger Peke dixo...

A foto é bonita, si. Encantoume a expresión "empreñar de vento" por crer todo o que lle din. É graciosa.

 
Ás 14:47, 08/10/11 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Que sería de Vigo sin Cangas!!!

En relación co da verificación da palabra xa non che dou máis a brasa; ou como recolle o enlace que puxeches:(83) "non che vou comer máis o cu"!

Apertas

 
Ás 16:17, 08/10/11 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

Pois ten o seu aquel este enlace que deixaches. Interesante e curioso.
A foto sen palabras.
E de Cangas, o que máis me gustaba cando era pequena era o porto e a viaxe de ida e volta a Vigo naquela barca, coa airexa mareira petando no rostro. Agora vou en coche, non me senta nada ben o ir e vir sobre as ondas...

 
Ás 22:25, 08/10/11 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Conhecia muitas destas expressões que também se dizem em Portugal, mas não conhecia essa do tio Da América, nem sei o que significa a palavra Cangas.
Canga em português é o jugo com que se une uma junta de bois. Mas também se usa para significar sujeição
Exemplo, Não aguentamos mais a Canga que o Governo e a Troika nos impõem.
Um abraço e bom fim de semana

 
Ás 11:58, 09/10/11 , Anonymous Kaplan dixo...

Sobre a foto, quen viu Cangas e quen a ve!
Coñecía a expresión "vir o tío de América", e a súa variante, un tanto bruta, "vir a tía Bernarda"

 
Ás 18:02, 10/10/11 , Blogger mfc dixo...

Aqui quase todas essas expressões têm correspondência.

 
Ás 01:08, 11/10/11 , Blogger Paz Zeltia dixo...

a de mollar o ollo sí que a coñecía e algunha outra.
(todas as de cangas non, claro)

que sería dun idioma sin ás expresións dese tipo!
e as de ámbito local, cando se levan a outros lares, non teñen sentidiño ningún, pero nós seguímolas dicindo como se nos entendesen.

 
Ás 19:45, 11/10/11 , Blogger Peke dixo...

E que conste que o enlace non se me abriu e quedei coas ganas.

 
Ás 21:53, 12/10/11 , Anonymous Mar e Lúa dixo...

O de "Vai chorar a Cangas sí que se di moito por aquí polas Rías Baixas". Esa e a do tío de América eran as únicas que coñecía. Sempre nos traes uns posts moi interesantes, Paideleo! :)

 
Ás 13:55, 14/10/11 , Blogger matrioska_verde dixo...

eu so coñeco a de mirar para dentro, eu o digo.

biquiños,

 
Ás 20:24, 15/10/11 , Blogger matrioska_verde dixo...

enlazo a tá entrada ó meu último post... fixen un textiño coa expresión "mirar para dentro"

biquiños e bó fín de semana.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio