leoeosseus

venres, 28 de outubro de 2011

Viaxiña ata Ourense



Hoxe fixen unha escapada ata Ourense acompañado da miña irmá Kasege. Visitamos as exposicións do pintor realista Modesto Trigo e a do pintor abstracto Roberto Vila. Despóis aínda demos unha voltiña polos arredores do centro cultural da deputación de Ourense e topamos unha tendiña chea de monequiños de todas as épocas. De alí saímos cun parchís dos pitufos de agasallo para Leo.

Días coma este, tan fóra das rotinas, merecen ser lembrados sempre.

Etiquetas: ,

9 comentarios:

Ás 02:02, 28/10/11 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

Ai que estiveches tan pertiñoooo e podías ter avisado oh!! cando voltes por Ourense avisa!!

Esa tenda do paseo é unha chulada, mercar creo que non mercamos nunca nada, mas sempre que pasamos diante é parada obrigada durante un bo rato para ollar o escaparate :)

A xoubiña é caghadiña a tí eh?

Un biquiño grande
m*

 
Ás 12:01, 28/10/11 , Blogger Paz Zeltia dixo...

A min encántame cando un dia pola semana, nas horas habituais de traballo estou a facer algo totalmente diferente:
porque todo é novo, distinto do que podo ver nas findes; hai un pulo de vida diferente.

estiven nos enlaces que deixas (un non o puiden abrir) e pásame cos pintores hiperrealistas algo estraño.

 
Ás 12:02, 28/10/11 , Anonymous peke dixo...

Non coñezo esa tenda. :( Debe de ser nova.

 
Ás 16:04, 28/10/11 , Blogger Dilaida dixo...

Pois a próxima avisa e invítote a un café ou té ou que vaia ben.
Bicos

 
Ás 02:37, 29/10/11 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Ouvi na TV sobre um violento temporal na Galiza. Fiquei preocupada. Está tudo bem convosco?
Um abraço e bom fim de semana

 
Ás 13:05, 29/10/11 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Estaba Modesto na súa exposición? Hai tempo que non o vexo. Houbo un tempo en que os dous aprendíamos a misturar pinturas na paleta...
Saúdos

 
Ás 20:01, 29/10/11 , Anonymous Anónimo dixo...

A de horas que teremos pasado coa señorita Kaplan pegada ao cristal desa tenda! Canto boto de menos pasear por Ourense en tardes coma esta!

 
Ás 20:42, 29/10/11 , Blogger mfc dixo...

São passeios bons esses na companhia de quem partilha os mesmos interesses que nós.

 
Ás 00:39, 30/10/11 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Pois si que é unha tenda ben curiosa; sempre que imos pola rúa do Paseo en Ourense faise parada obrigada. Nunha tanta muñecada pequena vin xunta!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio