leoeosseus

mércores, 2 de novembro de 2011

E rematou outubro

E quedaron atrás algúns temas e imaxes.


Empezou coa descuberta dun cartaz desa entidade evolutiva que non sei como vai rematar por denominarse e que ousa escribir unha frase mal en español ( cun " tu " acentuado ) e escríbea ben en galego... Cousas veredes !.


O outono estaba cada día máis perto e ben sabían diso as follas da viña.


Como tamén sabe o millo que acaba facendo unhas medeiras na veiga que semellan tipis de tribu india.




Antes de mediados de mes uns celebraban o día da hispandade con desfiles. Mentres; outros lembraban ao Piloto, o derradeiro fuxido da guerra civil.



O outono non daba asentado e tivemos días e solpores totalmente de verán; con fume de incendios incluso !.




E daqueles solpores veranceiros pasamos a menceres que anunciaban minuto a minuto,como mostran as dúas fotos, o cambio para o mal tempo.


E si que o anunciaron ben !.



E na familia o Leo aprendía outra diversión coas pombas. Aparte de acañalas correndo tras delas tamén é divertido darlles de comer.



E Xela adquiría outra habilidade: empezou a coller a chupeta e deixa así descansar o matapiollos esquerdo.


Agora a ver que nos trae novembro.

Etiquetas: , , , ,

8 comentarios:

Ás 02/11/11, 16:26 , Blogger Dilaida dixo...

Unhas fotos moi fermosas, Leo e Xela moi guapos e sobre o erro (en castelán)quero pensar ben, e que o fixeron adrede, para que a xente se fixe máis e non se vaia sen entrar e deixar os poucos euros que leven no bolso. Porque se entran a pedir, seguro que non lles van dar nadiña.
Bicos

 
Ás 02/11/11, 19:03 , Blogger Angel Utrera dixo...

Por aqui tamèn o outono xa chegou con forza..
Por certo non coñecia Eu o Piloto, pero é curioso a cantidade de fuxidos, e combatentes, que quedaron anos e anos agachados nos bosques e fragas do pais. ¿Coñeces o historia do Curuxas?. ....Da zona de MElide.
Mesmo hai un libro recentemente puiblicado da sua historia.

 
Ás 02/11/11, 19:37 , Blogger Peke dixo...

Sempre quedan cousas no tinteiro, sobre todo cunha vida tan movida coma a túa.

 
Ás 02/11/11, 23:30 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Non dou atinado a ver a frase mal escrita; pero o que sí vexo é que os teus nenos véselles a ledicia nos ollos!!!!

Apertas de novembro

 
Ás 02/11/11, 23:53 , Blogger paideleo dixo...

O erro da frase en español está en acentuar " tu ".

 
Ás 03/11/11, 09:14 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

As túas observacións non teñen prezo!
Lémbrasme un conto que contaba meu pai sobre un moucho: "Falar non fala, pero fíxase!
A partir de agora voute chamar Señor Correxidor.

 
Ás 10/11/11, 00:52 , Blogger Paz Zeltia dixo...

tes unha maneira moi orixinal e fermosa de contarnos o mes...
tamén as fotos están moi ben

... e o neno, a nena...
da gusto velos medrar tan lindos.

 
Ás 10/11/11, 08:23 , Blogger matrioska_verde dixo...

novembro traeravos cousas novas porque con dous rapaces así de pequeniños, todo está por aprender.

¡¡ que ben medran na casa dos demais !!

fermosos ceos os das fotos.

biquiños,

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio