leoeosseus

mércores, 16 de novembro de 2011

Natillas caseiras



Ao Leo gústanlle as natillas de chocolate mercadas. É normal. Pero Naideleo quería que comera algo máis san e fíxollas caseiras servidas nunha copa de cristal pero a Leo non lle chistou o cambio de sabor. Naideleo non se resignou e probou a enganalo uns días máis tarde. Lavou uns botes de natillas compradas e encheunos coas caseiras. Leo empezou a comer unha destas e espetoulle á nai: - " Mamá, estas natillas fixéchelas tu ! " . A nai preguntoulle: - " Por que o dis ? " . " Porque saben como as de copa de cristal ", foi a resposta. Naideleo convenceuno: - " Tés razón, pero non saben tan mal, verdade ? ". Leo seguiu a comela un pouco pensativo e soltoulle todo extrañado de alí a un chisco: - " E como fixeches o bote ? ".

Etiquetas:

13 comentarios:

Ás 20:15, 16/11/11 , Anonymous Anónimo dixo...

Ai, pobre!

 
Ás 20:28, 16/11/11 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

Este Leo vai ser mundial.Xa vereis como a partir de agora as come. As da nai quero decir.

 
Ás 20:45, 16/11/11 , Anonymous peke dixo...

Pobre Naideleo. Non hai quen engane os cativos.

 
Ás 22:05, 16/11/11 , Blogger Dilaida dixo...

Calquera se atreve a enganar a Leo.Espero que a partir de agora tamén lle gusten as que lle fai a súa nai.
Bicos

 
Ás 22:34, 16/11/11 , Blogger Ana Cosque dixo...

Só se me ocorre unha cousa: "Son listos coma allos!"

 
Ás 06:14, 17/11/11 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

É o que ten querer despistar a atención dunha crianza coma Leo: convencer convencerase, pero sempre ha de ter algo que pique a súa curiosidade.
Encántame este rapaz!

 
Ás 10:10, 17/11/11 , Anonymous xenevra dixo...

Impagábeis os sorrisos con que nos agasallan.

 
Ás 19:24, 17/11/11 , Blogger Raposo dixo...

Hai que ver o listos que son os nenos, eh!!

 
Ás 21:55, 17/11/11 , Blogger mfc dixo...

Ehehehehehehe... está a ser difícil enganá-lo!!

 
Ás 01:59, 18/11/11 , Blogger Son Unha Xoaniña dixo...

E que son listos de raio, eu estou por escribir as ocurrencias do meu neto, as veces téñome que rir aforza,

 
Ás 09:57, 18/11/11 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Era visto. Non hai quen os engane.
Aínda así foi boa idea o intento, e ao final hase de convencer.

 
Ás 20:45, 18/11/11 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Sendo algo máis pequecha a señorita Chousa, mirando a pequena aceiteira, preguntoulle a súa nai:
- Mamá, e logo como fas para meter o aceite dentro?
Eu, por meter tralla, resposteille:
- Cólleo da botella na boca, e chímpao dentro polo furadiño.
Miroume sorprendidísima e respostou:
- E non será malo para ela?

 
Ás 23:20, 20/11/11 , Blogger Paz Zeltia dixo...

jajaja, vai saír un gourmet da comida prefabricada!
(non se lle pode negar que é capaz de aprezar a diferencia inda que se decante polos conservantes e colorantes!)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio