Amor de fillos
Eu non canto ben, máis ben canto fatal. Pero para tranquilizar a Xela cando está rallante polo sono non hai máis remedio que cantarlle. A cuitada da miña filla sorrime cando lle canto a miña versión de " A casa engraçada " e " Susanita tiene un ratón " e agradécese. Pero o outro día o Leo demostrou a onde chega o amor dun fillo cando mirou nunha tele dunha cafetería a Joaquín Sabina cantando. O neno díxome que eu cantaba millor ca el.
Non hai máis remedio que querelos !.
7 comentarios:
Que bo!
O certo é que nunca te escoitei cantar, nin sequera "O Miudiño"...
A ver cando probamos para ver se cantas mellor que o Sabina.
Non podo poñer en dúbida que cantas mellor que Sabina. Se o di Leo...
E díxocho de corazón, seguriño.
A ver se imos estar perdendo un crac da música cantada e non o sabemos!!
Apertas
Ao mellor é que Leo que non sabe mentir, gustalle máis a tua voz ca de Sabina.
O caso é cantar e cada un fai o que pode.
Bicos
Que sería da nosa autoestima sen os fillos!!!! Apertas!
Os filhos são na verdade a nossa vida eterna!
Sabina escribe unhas letras rotundas e manexa a música bastante ben. Pero cantar non canta moi ben. Os excesos non son bos para a voz. Non me cabe a menor dúbida de que o fas mellor ca el.
E vaia par de unha e unha. Son... adorables!
Bicos.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio