leoeosseus

martes, 13 de decembro de 2011

Día dos canteiros




Hoxe é santa Lucía, patroa dos canteiros e doutros profesionais onde os ollos e o sentido da vista son especialmente importantes como costureiras e oculistas.


Eu non podo esquecer o tempo que adiquei ao duro traballo da pedra e as palabras e curiosidades que aprendín. No choio non falabamos o latín dos arxinas pero si tiñamos algunhas palabriñas como " levar á meiniña " que era levar a pedra como indica o debuxo, de pe e primeiro adiantando unha esquina e logo a outra.


O debuxo pertence a un libro dun canteiro profisional que me ensinou muito e me fixo lembrar outros tempos.


Feliz día de santa Lucía !. Aquí e en Suecia, claro.

Etiquetas: ,

9 comentarios:

Ás 11:46, 14/12/11 , Blogger Mer dixo...

Feliz día de Santa Lucía, logo! e este día os canteiros non traballan por ser festivo no sector? polo menos non deberían, coma o día de San Xosé na ensinanza.

en Suecia?

 
Ás 20:20, 14/12/11 , Blogger Peke dixo...

É a patroa da vista, non é? Pois viva logo!!!

 
Ás 20:49, 14/12/11 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

Cando eu era pequeno, habia na familia de meu pai, un carpinteiro, que era él, e un canteiro.
Traballaba con eles outro canteiro da zona do parque portugués de Montesinho. Este era experto en cortar a cantería, facia-o cunha ferramenta que chamaban "marro", e él partía no granito como se fose manteiga.Que sexa unha homenaxe a eles.

 
Ás 00:39, 15/12/11 , Blogger Rosa Varela dixo...

Que interesante!!

 
Ás 13:49, 15/12/11 , Blogger Paz Zeltia dixo...

O de Suecia deixoume pampa...!

Eu cando teño que cambiar mobeis de sitio na casa (algo que "adorrrro" facer) tamén os levo á meiniña.
gústame esa frase. Non sei se é posible aplicala a outros obxectos que non sexan pedras, pero como non lle tiña posto nome a esa maneira de levar cousas dun lado para outro... agora xa llo teño.

aaai, cantas cousas aprendo contigo!
heiche facer un biscoito para tí e a familia paideleo cando eu medre e aprenda :-)

 
Ás 01:16, 16/12/11 , Blogger paideleo dixo...

Mer: non traballan os canteiros de construcción. Nos aserradoiros de pedra traballan igual.
En Suecia nomean unha raíña santa Lucía; unha reliquia do paganismo anterior.
Peke: si, falando claro.
Xabres da Teixeira: o marro existe que é un martelo grande. Como tamén existe a marreta que chega aos doce quilos de peso !.
Rosa Varela: a min paréceme que si.
Tamén o vivín en primeira persoa e iso inflúe.
zeltia: supoño que farás ben en adoptar a expresión que terá que ver con aprenderlles a andar aos nenos cando lles adiantas un pe e dispóis o outro mentres os agarras polas mans.
O biscoito que sexa cando queiras e onde queiras que non hai problema por dieta.

 
Ás 21:41, 16/12/11 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

(Non caera eu na conta de que -coa miña leria da cantería- finalmente somos colegas. Un día temos que falar das técnicas de afiado do cincel...)

 
Ás 22:03, 16/12/11 , Blogger paideleo dixo...

Ai, Chousa: ti máis eu somos coma o día e a noite. Mentres ti desempenas paramentos e liñas mestras eu malamente desbasto un desdoblo.

 
Ás 22:03, 16/12/11 , Blogger paideleo dixo...

Ai, Chousa: ti máis eu somos coma o día e a noite. Mentres ti desempenas paramentos e liñas mestras eu malamente desbasto un desdoblo.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio