Sobremesas de Nadal
Neste tempo temos fartura de dóces e en Arbo hai dous que non faltan estas festas. Un é a torta de roxóns que sae na foto e outras son as torradas de viño. Se queres saber como se fai a torta de roxóns hai varias receitas e podo dicir que non se nota o sabor a porco por se alguén é escrupuloso. Receita 1. Receita 2. Receita 3.
As torradas de viños son máis sinxelas de facer.
Etiquetas: etnografia V
12 comentarios:
Nós chamámoslle tarta de chicharróns, a miña avoa facía unha boísima!! E dos meus doces preferidos.
Felices festas meu!!
Un biquiño moi grande
m*
Lembro a torta de roxóns da miña avoa. Pero pasou xa tanto tempo!
Boa entrada en 2012 e felices Reis!
Pois si que está boa a torta de roxóns.
Feliz Aninovo
Bicos
Hummm... vou nessa tarte de rojões!!!
Eu levo o vinho... combinado?!
ten moi boa pinta esa torta pero cos polvoróns teño abondo.
xa collín algún kilo no que vamos de datas...
¡¡deus do ceo!!
biquiños,
Feliz 2012!
Nunca a probei, pero espero que haxa tempo para todo.
Hoxe somentes deixarche aquí o desexo de que o ano que entre traia boas cousiñas para LEO E OS SEUS
Que teñan todos un feliz ano!
(por certo, comeza o segundo da nena)
Hai ben anos que non cato a torta de roxóns, nin me lembraba dela
Nunca escoitara falar dela, pero tenme moi boa pinta; así que direille á miña tía S. (ela é a raiña maga dos meus caprichos) que se poña mans á masa con ela.
E viña tamén a desexarche unha feliz cabalgadura por este 2012 que xa irrumpiu nos almanaques. Espero coincidir en algún trote contigo.
Apertas de Antas
Iso si que é boa festa!!!que non se perdan os costumes propios.
Feliz 2012 para toda a familia.
Um grande grande ano para ti com tudo de bom
Um abraço.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio