leoeosseus

mércores, 25 de xaneiro de 2012

Sabíao




Cando fixen esta foto na empresa hai case un ano xa cheiraba eu que o vello ascensor habería de deixar encerrado a alguén.E, efectivamente, esta noite pasada un compañeiro pasou dúas horas dentro del. Hoxe estaban amañando o ditoso aparello e tiven que subir e baixar varias veces pola escaleira o equivalente a un décimo piso. Gobernárono alá polas doce pero eu seguín subindo e baixando un par de ocasións. O cartel di que se impida que os nenos viaxen sós pero eu son maior e tampouco quería quedar encerrado e prefiro que proben outros estas vintecatro horas seguintes. Ti farías o mesmo, nonsí ?.

Por certo, como variou a moda nestes trinta e cinco anos.

Etiquetas:

6 comentarios:

Ás 22:28, 25/01/12 , Blogger Paz Zeltia dixo...

no molan os ascensores que fan ruidos estraños e dan saltiños.
eu vivo nun piso alto e dende que puxeron o novo subo moito máis tranquila!

hoxe xa non precisaches gimnasio jajaja

 
Ás 22:35, 25/01/12 , Blogger Dilaida dixo...

Eu faría o mesmo ca ti ou moito peor.
Vivo nun 3º e poucas veces utilizo o ascensor, para baixar nunca e para subir, depende se vou cargada, ás veces atrévome con el, pero a verdade é que non me fío nada. Só en pensar que podo quedar encerrada alí dentro xa se me arrepía o corpo.
Bicos

 
Ás 01:41, 26/01/12 , Blogger xenevra dixo...

Eu tiven sorte e sempre quedei pechada en compañía, boa!! da última foi o día de reis, coas miñas sobriñas; aproveitamos para probar algúns xogos. O peor... que na casa non se acordaron de nós ata que pasarn 3/4 de hora, e iso que nos abriran eles o portal :((

 
Ás 09:11, 26/01/12 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Eu nunca quedei pechada nun, pero supoño que debe ser moi angustioso. Lémbrame a López Vázquez en "La Cabina"...
O de subir polas escadas éche moi bo, que fas exercicio aeróbico e fortaleces os glúteos... je, je,...

 
Ás 12:26, 26/01/12 , Blogger matrioska_verde dixo...

EU QUEDEI unha vez encerrada no meu da casa... sería así como tres cuartos de hora, e quedei nun rellano así que podía manter unha conversación pero non mola nada.

biquiños,

 
Ás 18:21, 28/01/12 , Blogger mfc dixo...

Já fiquei preso várias vezes nos elevadores...!
Sento-me e calmamente espero que me retirem de lá de dentro.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio