leoeosseus

sábado, 7 de abril de 2012

Leo e o amor


O Leo leva un tempo un pouco repugnante no trato pero ten días gloriosos que borran eses malos momentos. Encántame cando me colle por banda e mándame facer deberes. Colle un folio reutilizado e mándame en plan profesor escribir palabras ou números ou debuxar algo. Eu sempre lle pido que sexan fáciles de facer e que me axude e el faino todo cheo de razón.
Onte cambiou de xogo e púxose a clasificar fotos imprimidas e topou a que subo no posteo que é do ano pasado. Entón explicou: " Aquí estamos Pascuala i eu facendo o amor ". Eu pregunteille que era iso e el respondeume: " É dar bicos, abrazos e chocar a man ".
Pero cando me fixo gracia de verdade foi o día que dixo que tiña novia no cole: " A miña novia é Uxía ". Eu, sabendo como son estes amores, pregunteille cun chisco de malicia: " E ela sábeo ? " ao que el retrucou: " Non, aínda non sabe que é miña ".

Etiquetas:

11 comentarios:

Ás 00:57, 08/04/12 , Blogger Dilaida dixo...

jajaja, bendita inocencia.
Bicos

 
Ás 01:48, 08/04/12 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

_♥♥_♥♥
_♥♥___♥♥
_♥♥___♥♥_________♥♥♥♥
_♥♥___♥♥_______♥♥___♥♥♥♥
_♥♥__♥♥_______♥___♥♥___♥♥
__♥♥__♥______♥__♥♥__♥♥♥__♥♥
___♥♥__♥____♥__♥♥_____♥♥__♥_____
____♥♥_♥♥__♥♥_♥♥________♥♥
____♥♥___♥♥__♥♥
___♥___________♥
__♥_____________♥
_♥____♥_____♥____♥
_♥____/___@_____♥
_♥______/♥__/___♥
___♥_____W_____♥
_____♥♥_____♥♥
_______♥♥♥♥♥

Passei para desejar uma Santa e feliz Páscoa. Que o espirito da Páscoa perdure em toda a humanidade, para que se construa um mundo mais justo.
Abraço

Leo é uma gracinha. Todas as crianças nestas idades o são. Minha neta tem 3 anos feitos em Fevereiro. Desde sempre eu tomo conta dela porque a mãe trabalha. Então quando a mãe a deixa comigo de manhã ela sempre diz "Até logo mãe. Bom trabalho e porta-te bem"
Abraço

 
Ás 14:00, 08/04/12 , Blogger Peke dixo...

A súa frase final ten tela. Esperemos que non a interiorice de verdade. ;)

 
Ás 15:54, 09/04/12 , Blogger mfc dixo...

Que diálogos mais lindos!!
É isto que nos vai fazendo sorrir.

Um abraço.

 
Ás 16:32, 09/04/12 , Blogger matrioska_verde dixo...

encántanme estas barruntadas do Leo, vexe que entre Pascuala e mais él había moito filing.

 
Ás 18:22, 09/04/12 , Blogger X dixo...

Gústame a súa definición de facer o amor :D

 
Ás 19:42, 09/04/12 , Blogger Angel Utrera dixo...

Amor primeiro......amor verdadeiro...O como cantaba MAri Trina, tantos anos xa......
El amor es una barca
con dos remos en el mar
un remo lo tiene mi mano
el otro lo mueve el azar.
AMORES LOS TIENEN TODOS.....

 
Ás 20:47, 09/04/12 , Blogger xenevra dixo...

O leo tenche as cousas claras ;)

 
Ás 16:28, 10/04/12 , Blogger Paz Zeltia dixo...

haberá outras mozas... pero coma a rá pascuala, ningunha!



hai que ter tino con esa cultura que nos arrodea! a ver que se lle pegha! que iso de "miña" despois xa ves nos telediarios como termina!

:-)

encantoume o post.

 
Ás 11:27, 12/04/12 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Pobre Leiño; canto vai sofrir cando se decate de que, na realidade, somos nós delas...
:-)

Unha aperta

 
Ás 09:12, 15/04/12 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

Sempre dixen que este bonito neno chegaría lonxe! E vai por moi bo camiño!

Bicos.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio