leoeosseus

martes, 17 de abril de 2012

A miña heroína


A miña heroína non é lady Gaga senón lady Gu-Gún que é o grito de guerra de Xela cando quere algo.
Estes días empeza a soltarse das dúas mans estando de pé e non ten medo. O sitio preferido é onda o botixo da cociña: apóiase nel coas dúas mans, logo solta unha e logo a outra e queda uns instantes así.
E hoxe deixoume abraiado cando eu lle ensinaba unha peza dun xogo de construción cun color e forma determinados e logo metíaa na caixa con outras pezas. Pedíalla a Xela e Xela devolvíame a mesma peza.
Unha nena así ten que ser a miña heroína á forza.

Etiquetas:

9 comentarios:

Ás 22:59, 17/04/12 , Blogger Dilaida dixo...

Está preciosa e tente conquistado de todo.
Dálle un biquiño da miña parte, outro para Leo.

 
Ás 09:16, 18/04/12 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Non me estraña que sexa a túa heroína... Está feita unha lagharta!
Agora xa estás no punto polo que pasou un que ti xa sabes, que de babear pasou directamente a "chochear".
Íache regalar un babeiro polo aniversario pero acabo de caer na conta de que xa pasou. Parabéns para ti para MamáXela.
Apertas.

 
Ás 10:51, 18/04/12 , Blogger matrioska_verde dixo...

¡Canta agudeza tén vostede!... Lady Gu-gún... insuperable.

biquiños para esa preciosidade de nena que tén, e para Leo, claro.

biquiños,

 
Ás 14:54, 18/04/12 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

¡UUUAAAUU!, ¡Que sorriso, e que ollazos!

 
Ás 19:14, 18/04/12 , Blogger mfc dixo...

Que linda!
E que bonito ver todos os seus progressos quase diários!

 
Ás 00:31, 20/04/12 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Que linda está Amigo. Que Deus a abençõe e lhe dê um mundo mais justo e um futuro melhor que o nosso.
Um abraço

 
Ás 20:39, 20/04/12 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Ten por seguro que ti es o seu heroe tamén.
(Despois virá un tempo no que evolucionarás a cavernícola, pero de momento aínda está lonxe iso)
Apertas

 
Ás 00:51, 21/04/12 , Blogger Paz Zeltia dixo...

como dí chousa sodes un o admirador do outro.
medra sana, linda, lista e guapa, que máis podes pedir?

 
Ás 13:08, 21/04/12 , Blogger Peke dixo...

Ten cara de espilida, así que non me estraña.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio