leoeosseus

xoves, 17 de maio de 2012

Baldío


Hoxe é o día das Letras Galegas e non miro millor motivo para ofrecer dúas frases que aprendín hai pouco.
O outro día falaba un camioneiro cousas dun novo compañeiro e dixo: " non o poñas na miña boca " que vén a significar " non digas que cho contei eu ". Isto contoumo un compañeiro que cando lle piden un sobresforzo no traballo responde: " Ei, tranquilo; ou pensas que isto é baldío ?. " que vén a dicir que muita xente se aproveita do baldío facendo a ecuación simple de que o que é de todos non é de ninguén e así faise de todo no baldío.
E falando de baldío tamén nace de todo como os xoios da foto que protagonizaron grandes batallas da miña infancia actuando de frechas que se cravaban na roupa e no pelo.
E para que non caia en baldío este día das Letras pola miña banda aparte das frases que escribín e o nome da pranta poño unha ligazón a unha máis que interesante páxina sobre o galego con muitos recursos e que ten para perderse nela como por exemplo cos cantos dos paxaros.
PD: Eva infórmame dunha ligazón boísima sobre os paxaros e teño que deixala aquí. Ademáis está creada en Vilaguindastre !.

Etiquetas: , ,

7 comentarios:

Ás 01:40, 18/05/12 , Blogger Dilaida dixo...

Boa forma de celebrar o día das letras, esas frases e esa palabra non son nada baldío, de seguro que non.
Bicos

 
Ás 02:25, 18/05/12 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

E por aqui se celebrou o dia da espiga.
Um abraço

 
Ás 12:54, 18/05/12 , Blogger Paz Zeltia dixo...

esas herbas de cereais vinas, claro está, pero creo que non con ese nome: "xoios"...

e a páxina é un tesouriño.
e fíxome lembrar un paxaro que vin o fin de semana pasado, que me sorprendeu, porque no vira nunca:
era amarelo tirando a "mostaza"; dun tamaño parecido ao dun merlo, un voo baixo e estrano, como se vivira nas matogueiras... cruzouseme no camiño, nun voo non moi rápido... deixoume tan emocionada!
Pero agora estiven mirando por internet e non consigo atopalo.

 
Ás 13:03, 18/05/12 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Moi boa entrada e suxestións. Eu tampouco sabía o dos "xoios".
Para os paxaros hai unha páxina moi boa que fixeron no IES PINO MANSO: Aves da louriña http://centros.edu.xunta.es/iespinomanso/bioloxia/pajaros/pajaros%203.0.html

 
Ás 20:03, 18/05/12 , Blogger Peke dixo...

Boa entrada, si señor.

 
Ás 01:39, 19/05/12 , Blogger Antón de Muros dixo...

Gustoume a entrada polo Día das Letras.
Moi bio enlace :-)
Apertas.

Antón.

 
Ás 16:25, 20/05/12 , Blogger matrioska_verde dixo...

o do baldío nunca o escoitei (ata agora, claro)

tampouco escoitei nunca o nome de xoios, así que mira xa canto aprendín por vir visitarte.

e a ligazón é moi interesante, xa estiven a xogar un pouquiños as adiviñanzas coas plantas.

biquiños,
e gracias.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio