Graduación
O tempo voa e o Leo gradúase en infantil e pasa a primaria. Houbo orla, entrega de diploma e todo ao estilo universitario de película. A antiga profe Maite tivo o detalle de vir e repartir detalliños entre os seus alumnos. Tamén houbo algunhas actuacións de alumnos xa que non a houbo polo día das letras galegas e Leo e uns compañeiros bailoron por libre a canción " Ai, se eu te pego ". Ao final houbo popurri de cancións de verán bailada polo profesorado e cunha rega incluida do " bombeiro " e conserxe do cole Raúl. Despóis tocou merendola e retirada.
Etiquetas: leo VIII
7 comentarios:
Leo está moi guapo.
Biquiños
mira que fachendoso se lle ve...!
e tí tamén o estarás...
Agora unha nova etapa de estudante, xa pronto empezaredes coa pelexa dos deberes e aprobados jaja
co listos que son e o vagos que se volven...! [que un pouco de folganza sexa o peor]
:-)
vaia que guapiño está!
nótase a satisfación que lle enche o peito.
ai, demo, qué e esto?... ai que se che caeu a babiña "paideleo".
;-))
biquiños.
Que dereitiño se puxo para a foto!
O certo é que é un orgullo velo con esa traza, que parece un homiño de película.
Parabéns!
Deus, en primaria xa??!!!
Moitas felicidades. Que bo mozo e que cumprido!
Unha aperta garimosa que hai tempo que non vos mando.
A primeira etapa está passada!!
Venham agora as seguintes.
Parabéns a ele e a toda a família.
Um grande abraço para ti.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio