leoeosseus

luns, 4 de xuño de 2012

No país das formigas



Esta fin de semana pasada tocou viaxe ao país das formigas que non é outro que Madrid porque nacen formigas veloces pola calor en todas partes. Quedamos na casa duns amigos despóis de percorrer avenidas de peseta, de euro, rúas de calderilla, etc, etc. Pasou do bo e do malo e así disto último foi que quedei sen a tarxeta do banco que ma tragou un caixeiro automático no centro comercial Islazul nada máis chegarmos, que o servizo de camareiros da voda era malo, que Xela pasou muito calor e apenas comeu e que tivemos unha longa viaxe de ida e unha máis que pesada volta de viaxe con muito sono. De bo foi estar con amigos e lacarear sobre mil cousas ( como o italiano que sabe a hora con levantarlle os collóns ao burro ), cear fóra, ir ao zoo e mesmo xogar á wii. Tamén foi bo volver ver familia e mesmo membros novos e ver como Leo xogaba cos seus primos segundos no futbolín e ás carreiras. Leo tamén desfrutou do zoo á súa maneira que quixo mirar a exhibición dos golfiños dende a galería de debaixo da piscina. Tamén lle gustou o bebé de orangután e o tabeirón aparte de atopar personaxes da tele como pingüinos, lémures, tigres, leóns e xirafas. Tan ben o pasou que hoxe non quería ir ao cole e dicía que non podía ir que tiña os ollos cheos de lagañas.
E agora toca a rotina de sempre.

Etiquetas: ,

7 comentarios:

Ás 05/06/12, 19:00 , Blogger matrioska_verde dixo...

vaia, andivemos ben cerquiña... nos chegamos o venres a Alcalá de Henares, para pasar un fin de semana moteiro... chegamos ás 6 da tarde con 39º... pensei que morría, porque ó calor hai que engadirlle a roupa da moto... cordura, botas, casco... pero como dís ti, sempre hai cousas boas: reencontro con amigos, risas, boa comida...
¿qué mais se lle pode pedir á vida?

alégrome de que o pasarades ben, mais o Leo, polo que se ve.

biquiños,

 
Ás 05/06/12, 20:00 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Ás veces présta saír da cotidianidade para ver o ben que se está nela...
Apertas

 
Ás 05/06/12, 21:01 , Blogger Unknown dixo...

mira como topaches o video do burro. espero cos teus amigos rian igoal que fixeches ti cando cho ensinei.

un bico pos rapaces

 
Ás 05/06/12, 23:09 , Blogger Dilaida dixo...

O vídeo está boísimo, rin canto quixen.
As viaxes,cando os rapaces son pequechos, son un pouco complicados, pero que lle imos facer... a vida é así.
Bicos

 
Ás 07/06/12, 19:38 , Blogger mfc dixo...

O que é bom não dura sempre e agora eis-nos de volta ao trabalho!!
Um grande abraço,

 
Ás 07/06/12, 20:56 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Não sei porque não vi o post no dia da sua publicação.
De vez em quando é bom dar um passeio para quebrar a rotina do dia a dia.
Pedro você não fazia anos por estes dias? Foi ontem não foi?
Bom tenho a ideia que foi mas secalhar estou enganada. Se foi receba os meus parabéns e o desejo de longos e felizes anos pela frente.
Um abraço

 
Ás 10/06/12, 23:48 , Blogger Paz Zeltia dixo...

o conto do burro está xenial!
e, bueno, as viaxes sempre teñen unha parte boa e unha mala; pero despois de que pasaron un só termina lembrando a boa...
o que me chama a atención é o das formigas

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio