leoeosseus

domingo, 1 de xullo de 2012

Noite de san Pedro


Hai tradicións que resisten malamente o paso do tempo e unha que se dá pola zona de Arbo é a de facer trasnadas a noite de san Pedro. As trasnadas consisten en " roubar " e trasladar cousas das casas alleas para unha zona típica como pode ser unha praza, unha fonte ou un adro dunha igrexa onde as vítimas pasan a recoller o seu sen dereito a queixa.
E así este ano viaxaron " misteriosamente " varias cancelas, tres chedeiras xa sen rodas nin estadullos, dous carretillos, unha escada, unha grade e un coche de paseo de neno. Iso foi o que retratei esta mañá que supoño que a mañá anterior haberías máis aparellos na praza de Barcela en Arbo.
Xa sei que me repito nalgúns posteos pero isto vivino nos anos mozos e lémbroo con alegría.

Etiquetas:

3 comentarios:

Ás 02/07/12, 16:52 , Blogger Dilaida dixo...

Por aquí fano a noite de San Xoán. Coma todo, vai desaparecendo cos anos e cada vez saen menos a facer trasnadas.
Contaba a miña sogra que había un veciño que un ano tiña o carro das vacas cargado de herba e para que non llo levasen foi durmir enriba del. Os mozos foron de noite, colleron o carro cargado e marcharon co carro e co home para o campo da aldea e o home non se enterou ata o día seguinte que espetou.
Bicos

 
Ás 03/07/12, 21:15 , Anonymous peke dixo...

Non sei se levaría ben ese tipo de bromas.

 
Ás 11/07/12, 09:44 , Blogger matrioska_verde dixo...

pois eu nunca ouvín falar desta tradición, para mí esto é novo, así que fasme un favor repetindo posteos...

biquiños,

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio