leoeosseus

venres, 24 de agosto de 2012

Décimo cuarto mes


O tempo pasa lixeiro e xa van alá catorce meses dende o día que naceu a xoubiña da casa.
Ela segue avanzando en todo a unha velocidade que non estamos acostumados e así sobe ao sofá, ás camas, foza en todo canto hai e baila e ri todo o tempo. Bueno, cando non consegue algo funga e berra a toda voz. Sempre quere subir e baixar as escaleiras e explorar camiños novos. Ten bastantes dentes e moas ( creo que seis arriba e cinco abaixo ). O dente que lle falta penso eu que ten que ver co costume de zugar do polegar esquerdo para adormecer. Aparte de zugar do dedo tamén fai caracois coa outra man e riza aínda máis o seu cabelo.
Co Leo lévase ben e son cómplices en risos e algúns xogos anque hai veces que pelexan por algún xoguete.
E así vai, medrando e medrando a pesar de que come menos ca un paxariño.

Etiquetas:

8 comentarios:

Ás 00:56, 25/08/12 , Blogger X dixo...

Hai que ver a algunhas que ben lles cunde o tempo. Ten cara de pillabana ;)
Saúdos.

 
Ás 01:31, 25/08/12 , Anonymous Anónimo dixo...

Que preciosidade!

 
Ás 14:12, 25/08/12 , Blogger Peke dixo...

En fin, Paideleoexela, non teño palabras. Diría que semella unha preciosa bonequiña, pero iso sería faltarlle ao respecto: é unha meniña linda linda.

 
Ás 17:26, 25/08/12 , Blogger Paz Zeltia dixo...

eu non saio do asombro:
como pode alguén en 14 meses de nada (a min que me pasou?)converterse nesa meniña chea de curiosidade nos ollos, ter aprendido tantas cousas, andar...! e que se o penso póñome transcendental...

 
Ás 19:59, 26/08/12 , Blogger Cuspedepita dixo...

¡ Que bonitiña está e que cara de pillabana ten !
¡ Canta curiosidade teñen os rapaces pequenos e canto afán por descubrir o mundo !

¿Chegouche o libro que che mandamos desde a Fonsagrada ?

 
Ás 00:37, 27/08/12 , Blogger mfc dixo...

Que linda que está a tua filha!!

Um grande abraço.

 
Ás 10:06, 27/08/12 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Esa monequiña cada vez semella máis á nai!
Que siga así de sá e feliz.

 
Ás 11:39, 27/08/12 , Blogger matrioska_verde dixo...

que miradiña máis doce... é que está guapísima! para ledicia dos seus.

biquiños,

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio