leoeosseus

martes, 11 de setembro de 2012

Comezo escolar


O Leíño volve mañá á escola e non está mui animado que digamos pero é o que hai. Só espero que o pase ben, que xogue cos seus compañeiros, que lle guste a comida do comedor e que aprenda algo máis que os chineses que fixeron o xoguete da foto. Por suposto que non merquei este xoguete. Nin para Leo nin para Xela porque quero que " apreMdan " ben.

Etiquetas:

4 comentarios:

Ás 23:04, 11/09/12 , Blogger Dilaida dixo...

Eu penso que a culpa non é dos chineses, senón dos que lles permiten ter a venda xoguetes pouco seguros ou como é o caso con incorreccións.
Bicos

 
Ás 01:22, 12/09/12 , Blogger Paz Zeltia dixo...

para rizar o rizo a falta é na palabra "aprender"

:-(

eu tamén espero que o Leo o pase ben.

 
Ás 18:48, 12/09/12 , Blogger Cuspedepita dixo...

Eu tamén lle tiña algo de medo a este primeiro día de escola, pero saiu mellor do que agardaba :-)

 
Ás 16:58, 13/09/12 , Blogger matrioska_verde dixo...

marcho uns días do blog e tí dedícaste a escribir mais que nunca...
¡vaia contigo!

en todolos lugares hai cousas que provocan enfermidades, ata ferrol dí que chegan os fumes de As Pontes, e cerca tamén, na antigua Bazán (ahora Navantia) temos o problema do amianto (meu pai tivo sorte e non foi afectado).

Xela está como si fora de verdade unha anxeliña, mágoa que se perdan as costumes fermosas pero a vida vai tan rápida que deixamos moitas cousas polo camiño.

e só me queda dexesarlle ó Leo boa sorte no comezo do curso.

biquiños,

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio