12-12-12
O ano pasado tocou o día especial 11-11-11 e este ano toca 12-12-12 que por aquí foi bastante normaliño. Xela desfruta coas luces e adornos nadaleiros e di " Pel " ou " Pi " para Papa Noel e confirma o que di imitando o seu famoso riso cun " o-o-oo ". Iso cando está de humor que bota muito tempo cuns choros inexplicables que amargan a calquera. En canto a Leo empeza a dar algún problema de conduta no cole e nas actividades e a orientadora nótao " disperso " e a ver que sae de aí. Aínda así fomos ao cine a mirar " El origen de los guardianes ", unha película semellante a un conto onde hai personaxes que viven da imaxinación dos nenos.
De foto deixo unha mostra do centro de Vilaguindastre adornado e mollado, como ten que ser.
Non amplíes a foto que o " extra " que sae non ten que ver coa familia.
Etiquetas: cinema, curiosidades IX, familia IV

