leoeosseus

sábado, 6 de outubro de 2012

Operación


Onte andáronme na parte que toca o moneco coa súa man dereita. Todo foi ben anque cun mareo debido ao cansazo de traballar de noite e ir á operación sen descansar o suficiente e sen comer. No quirófano había un ambiente case festivo por ser a última operación da semana. O que non me gustou foi o trato do xefe típico de quirófano cunha enfermeira que lle tiña que rir as babosadas que soltaba a eminencia que lle facía as beiras de maneira cantosa. Eu procurei estar calado e falar español que o tal cirurxián tiña algo importante meu entre as mans. O que non sei é como hai xente que se ofrece vontaria ( e paga ! ) para pasar polo quirófano. Cousas veredes !.

Etiquetas:

6 comentarios:

Ás 06/10/12, 18:18 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

Parece que so é imprtante que a operación foi ben.
Por todolos eidos hai algún zoquete, mellor non facerles caso.

 
Ás 06/10/12, 20:50 , Anonymous peke dixo...

O importante é que a cousa fose ben e ti te atopes en forma. Á eminencia... que lle dean... fanta.

 
Ás 06/10/12, 21:47 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

O importante é que a operação correu bem amigo. Que recupere rapidamente são os meus desejos.
Um abraço e bom fim de semana

 
Ás 07/10/12, 02:23 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Alégrome que todo fora ben.
Babosos, por desgraza, hainos en todas partes, mesmo que sexan "estudados". O que non acabo de entender é que lle falases castelán, pero dado o que tiña entre mans, enténdote.
Que lle dean por onde se empezan os cestos!
Apertas.

 
Ás 07/10/12, 17:50 , Blogger matrioska_verde dixo...

supoño que hoxe xa estarás un pouco mellor que onte... ¡ai!, canto doen esas cousas, só de pensalo me dan arrepíos... pero mira, de agora en diante vida nova, ti xa entendes...

¡vaia tranquilidade!

e o xefe e a enfermeira... mi típico, ¿non?... hai quen non perde o tempo nin siquera con algo tan importante entre as mans.

biquiños,

 
Ás 09/10/12, 18:53 , Blogger Paz Zeltia dixo...

pobriño, jaja
imaxínote falando castelán e guiadiño coma un neno bó!
felicítote por valente e espero que a recuperación sea rapidiña.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio