Hotel Transilvania, Tanxarina e Miliki
Esta fin de semana foi completa para os pequenos da casa. O sábado fomos ao cine a mirar " Hotel Transilvania " e hoxe fomos ver unha actuación de Tanxarina. Pasámolo ben. Bueno, Xela estaba algo nerviosa na actuación e movía o ombreiro arriba a abaixo. No medio da actuación deron a noticia de que morrera Miliki e case non o puiden crer. Miliki semellaba inmortal pero chegoulle a súa hora e coa súa morte noto que a miña infancia desaparece un pouco máis na memoria.
Aquí poño unha ligazón á canción " Susanita " que tanto me axudou cando lla cantaba a Xela para mudarlle o cueiro.
Etiquetas: cinema, curiosidades IX
4 comentarios:
Era como alguén da propia familia, eles formaron parte da infancia das miñas fillas e as súas cancións oíamolas a cada momento.
Bicos
sí que foi unha gran perda pero nadie é inmortal... unha mágoa.
biquiños,
A min xa me colleu algo maior, pero lembro Susanita coma se fose hoxe.
un lindo homenaxe a Miliki, coa Susanita.
Tan famosos foron na década dos 70! e inda que a min por entonces me gustaban máis os mozos que os paiasos, recordos con moito cariño, e cando na década seguinte tiven eu ao meu neno, moito lle cantei esa canción...!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio