leoeosseus

domingo, 27 de maio de 2012

Touras " everywhere "



Coa cercanía do verán e as festas patronais as comisións de festas buscan cartos onde sexa. Multiplícanse bingos, sorteos, campionatos de tute e outras actividades co fin de recadar o máximo posible. Para chamar á participación poñen de reclamo muitos produtos alimenticios como follas de bacalao, aceite, años, porcos e touras e aquí foi onde se me parou o ollo. As touras semellan uns animais míticos que valen o mesmo de cuarto ca de quinto premio e que poden ser regalos a máis sobre premios coma se se multiplicasen por xeneración espontánea.
O dito, hai touras " everywhere ".
Sorte a quen opte por elas.


Etiquetas: ,

8 comentarios:

Ás 27/05/12, 13:45 , Blogger Peke dixo...

Non sei se estou espesa -cousa bastante probable-, pero non acabo de entender qué son as touras.

 
Ás 27/05/12, 14:55 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Outro espeso...
(Pq...vacas non son, cajonatós; que sería moito premio de dios)

 
Ás 27/05/12, 16:10 , Blogger Dilaida dixo...

Teño o mesmo problema, non sei que é toura, segundo o dicionario Estraviz é: s. f.

(1) Vaca nova que aínda nom pariu crias ou é estéril.

(2) Período de celo da vaca.

(3) fig. Muller brava.

Con cal das tres me quedo?


Bicos

 
Ás 27/05/12, 17:38 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Por aqui também começam as festas.
A minha, quer dizer de Santo André, onde vivo foi reduzida dos 12 dias habituais para 4. Por causa da crise.
Um abraço

 
Ás 27/05/12, 22:21 , Blogger paideleo dixo...

Pois toura viría a ser unha vaca nova ou tenreira ou xuvenca.

 
Ás 27/05/12, 23:48 , Blogger Dilaida dixo...

E logo se se refire a vaca nova por que lle chaman "ternera" na segunda fotografía, pon "Man ternera+chuletero"
Esto demostra que foron varios a facer o anuncio ou quixeron facer un cartel "bilingüe".
Xa me imaxinaba que se refería a tenreira/xuvenca/toura/becerra pero era un pouco por seguir a broma.
Bicos

 
Ás 28/05/12, 13:39 , Blogger matrioska_verde dixo...

e así co agasallo xa está solucionado o patrón.

biquiños,

 
Ás 31/05/12, 17:09 , Blogger mfc dixo...

Depois de uma ausência forçada, cá estou de volta aos comentários.
Um grande abraço.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio