leoeosseus

xoves, 11 de outubro de 2012

Facendo máis ou menos


Hoxe aparcou debaixo do meu edificio a furgoneta da música repetida de todas as eleccións que todos coñecemos. Esta vez polo menos a furgoneta non ten matrícula portuguesa. Pois iso, saiu un home con vasoira e cartaces e espetou os cartaces por riba doutros dun partido contrario. A megafonía dicía sensentidos e frases baleiras e fíxome graza cando dixo: "...para seguir facendo cousas máis ou menos... ", frase aclaratoria do que teñen pensado facer.
Na foto está o Leo correndo por unha beirarrúa barata que estamos en crise. Pódese chamar beirarrúa máis ou menos.

Etiquetas:

4 comentarios:

Ás 11/10/12, 12:36 , Blogger matrioska_verde dixo...

ja ja ja

eu diría máis ben menos que mais...

ós teus fillos encantaralles o blog cando xa sexan mais crecidiños...

estás a facer para eles un recordo ben bonitiño.

biquiños,

 
Ás 12/10/12, 20:47 , Blogger Peke dixo...

Se vises algunhas beirarrúas de Ribeira non sei qué dirías. ;)

 
Ás 14/10/12, 10:40 , Blogger Isaackbruno dixo...

Pois é,
todos din que os políticos reflejan a sociedade, pero eu non mo creo,
e vendo o teu blog menos
:)

 
Ás 17/10/12, 02:49 , Blogger Paz Zeltia dixo...

:D
mais ou menos, eh?
non digas que non está ben... e a comparación coa beirarrúa, xenial!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio