leoeosseus

mércores, 12 de decembro de 2012

12-12-12


O ano pasado tocou o día especial 11-11-11 e este ano toca 12-12-12 que por aquí foi bastante normaliño. Xela desfruta coas luces e adornos nadaleiros e di " Pel " ou " Pi " para Papa Noel e confirma o que di imitando o seu famoso riso cun " o-o-oo ". Iso cando está de humor que bota muito tempo cuns choros inexplicables que amargan a calquera. En canto a Leo empeza a dar algún problema de conduta no cole e nas actividades e a orientadora nótao " disperso " e a ver que sae de aí. Aínda así fomos ao cine a mirar " El origen de los guardianes ", unha película semellante a un conto onde hai personaxes que viven da imaxinación dos nenos.
De foto deixo unha mostra do centro de Vilaguindastre adornado e mollado, como ten que ser.
Non amplíes a foto que o " extra " que sae non ten que ver coa familia.

Etiquetas: , ,

6 comentarios:

Ás 13/12/12, 10:24 , Blogger matrioska_verde dixo...

os rapaces teñen moitas voltas, hai que penar que o de Leo será algo paxaseiro pero aín así hai que etsar atento a calquera problemiña que poida ocorrer... porque os problemas detectados a tempo son mais faciles de poñerlles remedio.
biquiños,

 
Ás 13/12/12, 12:31 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Concordo con Aldabra, e seguro que é unha volta máis das que teñen os nenos. Ide vacéndovos á idea, que aínda teñen voltas os meus... e tamén os adultos!
O parque do Cristo é sempre fermoso, e mollado e con luces aínda máis.

 
Ás 13/12/12, 17:07 , Blogger Raposo dixo...

E para o ano que ven o 13-13-13 ese si que vai ser a ostia!

 
Ás 14/12/12, 03:14 , Blogger Paz Zeltia dixo...

a min se me dis "non fagas isto", pois xa máis pronto vou!
:-)
esas cousas do Leo sonche as medras!
hai que afirmarse, ou?
e o dos choros inexplicables de Xela, se ela poidera falar máis clariño, ben que che explicaría as razóns que ten...!

(raposo fíxome rir outra volta co conto do 13)

 
Ás 14/12/12, 10:55 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Os rapazes têm uma epoca de afirmação por volta dos seis sete anos. A menina está na idade das gracinhas, desperta atenção e o Leo pode ressentir-se disso e achar que já não é tão importante para vós como a irmã. Há que estar atento amigo.
Um abraço e bom fim de semana

 
Ás 14/12/12, 21:09 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Outro coma Zeltia, que vai meter o dediño onde lle digan que non o faga. Aiiii, que desobedientes somos. Seremos nenos dispersos tamén?

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio